|
Volver á ficha
CONDICIÓNS DE USO
FRATERNIDAD MUPRESPA MUTUA DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS DA SEGURIDADE SOCIAL N.º 275 (en diante, Fraternidad Muprespa) con CIF: 82287228-G e domicilio social en praza de Cánovas del Castillo 3, 28014 de Madrid, España. Tfno.: 91 360 85 00. Fax: 91 360 87 00.
-
Fraternidad Muprespa está inscrita no Rexistro de Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social existente para o efecto no Ministerio de Traballo e Inmigración (Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social). Os nomes de dominio cos que opera en internet fóronlle comunicados, en cumprimento do artigo 9 da LSSI, ao citado rexistro.
-
A presente páxina web foi creada por Fraternidad Muprespa, coa finalidade de publicitar os seus servizos.
O feito de visitar a páxina ou completar algún dos formularios que aparecen nela non implica iniciar unha relación contractual con Fraternidad Muprespa.
Algunhas seccións da páxina web están especialmente dirixidas a traballadores e profesionais das empresas asociadas a Fraternidad Muprespa. As devanditas seccións foron convenientemente sinalizadas.
- Os distintos elementos desta páxina e o sitio web como conxunto están protexidos pola normativa española sobre propiedade intelectual.
As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos que aparecen no sitio web son propiedade de Fraternidad Muprespa ou, se é o caso, de terceiras entidades e están protexidos pola Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas, e das que Fraternidad Muprespa dispón de lexítima licenza.
A información facilitada non poderá utilizarse para fins comerciais ou públicos nin modificarse.
En caso de que o usuario descargue materiais para uso persoal ou non comercial, deberán manterse os avisos sobre dereitos de autor e marcas rexistradas.
Para descargar e utilizar o logo da empresa que aparece na páxina web, será necesaria unha autorización previa.
- As partes de acceso restrinxido da web réxense por condicións específicas, que deberán ser aceptadas polos usuarios con carácter previo ao seu acceso a estas.
Fraternidad Muprespa non é responsable da utilización dos usuarios dos seus produtos e servizos ou dos contrasinais que sexan necesarios para acceder a partes restrinxidas da web.
- Fraternidad Muprespa pode incluír na súa páxina web consellos en materia preventiva ou asistencial. Fraternidad Muprespa recomenda acudir a un profesional sanitario en todo caso, rexeitando calquera responsabilidade derivada do uso que os particulares poidan facer dos consellos que facilita.
- Fraternidad Muprespa non asume ningunha responsabilidade polos danos que poidan producirse nos equipos dos usuarios como consecuencia da súa navegación por esta páxina web, incluíndo, se é o caso, os danos producidos por virus informáticos.
- Fraternidad Muprespa non ofrece ningunha garantía en canto á emenda de erros de funcionamento ou actualización de contidos.
- Se alguén desexa realizar un enlace a esta páxina dende a súa páxina web, deberá comunicarllo a Fraternidad Muprespa.
Fraternidad Muprespa non asume ningunha responsabilidade polo contido das páxinas ás que lles facilita enlaces.
- A través dos formularios de contacto desta páxina web, Fraternidad Muprespa recolle información cuxo uso se describe na política de protección de datos.
Volver á ficha
|