2010 ANO INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA
"A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou que o ano 2010 será o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, o que servirá para aumentar a concienciación sobre a importancia da biodiversidade en todo o mundo. "
Vostede é biodiversidade. A maior parte do osíxeno que respira procede do plancto dos océanos e dos bosques frondosos de todo o mundo. Probablemente, a froita e as verduras que come foron polinizadas polas abellas e a auga que bebe forma parte dun gran ciclo global no que está vostede, as nubes, as selvas, os glaciares, os ríos e os océanos.
A súa dieta depende case por completo das plantas e os animais que nos rodean, dende as herbas que nos proporcionan arroz
e trigo ata o peixe e a carne das paraxes salvaxes e as granxas.
O seu corpo contén ata cen billóns de células e está conectado con todo o que lle rodea e ao mundo exterior mediante un marabilloso e complexo sistema intemporal. Comparte os seus átomos con todos os seres e obxectos do mundo natural, é ancestral e inconcibiblemente novo ao mesmo tempo.
A biodiversidade é vida; a súa vida é biodiversidade e a biodiversidade é vostede.
Comparte o planeta con 13.000.000 de especies vivas distintas, entre as que se inclúen plantas, animais e bacterias, das que só 1,75 millóns posúen un nome e están clasificadas. Esta riqueza natural incrible é un tesouro de incalculable valor que forma a base fundamental do seu benestar humano. Os sistemas e procesos que estes millóns de veciños proporcionan de forma colectiva producen o seu alimento, auga e o aire que respira: os elementos fundamentais da vida.
Ademais, tamén achegan a madeira e os materiais vexetais para a construción de mobles, edificios e combustibles; os mecanismos que regulan o clima e controlan as inundacións; a reciclaxe dos seus desperdicios; compoñentes novos e os produtos químicos cos que se fabrican as medicinas. É posible que non lle dea a suficiente importancia á biodiversidade posto que é obvio que lle rodea e, ás veces, é doado que se esqueza de que está aí, de que forma parte dela e de que non pode vivir sen ela.
A contribución da biodiversidade na súa vida, ademais de ser práctica, física e utilitaria, é cultural. A diversidade do mundo natural foi unha fonte constante de inspiración ao longo da historia do ser humano, tivo a súa influencia nas tradicións, na forma en que evolucionou a sociedade e na achega dos bens e servizos básicos sobre os que se construíu o comercio e a economía. A desaparición de especies únicas é unha perda incalculable e déixanos moito máis pobres.
A perda de especies icónicas e simbólicas non só implica unha traxedia cultural, senón que prexudica a nosa propia supervivencia.
As actividades humanas danan a fermosa e abundante diversidade do mundo natural. A talla e a queima de bosques, a eliminación dos mangueirais, o cultivo intensivo, o estrés producido pola contaminación, a pesca abusiva e os efectos do cambio climático están a destruír a biodiversidade.
¿EN QUE CONSISTE O 2010 ANO INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA?
A chamada de Nacións Unidas á concienciación e necesidade de coidar o noso planeta e as súas especies é unha celebración da vida na terra e do valor da diversidade biolóxica para as nosas vidas, invitándonos á acción a favor da biodiversidade.
Os obxectivos da iniciativa 2010 Ano Internacional da Diversidade Biolóxica son os seguintes:
- Sensibilizar a todo o mundo sobre a importancia de conservar a diversidade biolóxica e as súas ameazas subxacentes.
- Espertar a conciencia acerca dos logros na conservación da diversidade biolóxica que xa foron alcanzados
por comunidades e gobernos.
- Incentivar ás persoas, organizacións e gobernos a que dean os pasos inmediatos necesarios para deter a perda da biodiversidade.
- Promover solucións innovadoras para reducir as ameazas que sofre a biodiversidade.
- Reflexionar sobre a importancia da biodiversidade.
ESTOU INTERESADO... ¿COMO PODO PARTICIPAR?
Informándome acerca das cuestións relacionadas coa diversidade biolóxica e o medio na miña zona e no meu país. Hai que saber para poder actuar.
Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño
Reflexionando ao respecto e actuando sobre aquelas pequenas accións do día a día que poden axudar a mellorar a conservación da biodiversidade (reciclaxe, aforro enerxético, consumo responsable, etc. ). E sobre todo falando diso cos que me rodean. Toda acción suma, por pequena que esta sexa.
Eu falo de Biodiversidade
Participando a escala local, uníndose ás ONG ambientais e ofrecéndose como voluntario nas accións ambientais. A conservación da diversidade biolóxica comeza por min.
Fundación Félix Rodríguez de la Fuente
Se xa teño unha organización, comunicándome coas persoas da miña zona e colaborando con outras organizacións divulgando este movemento e poñendo en marcha accións propias. Participando: Aprendendo, falando, actuando
CBD - Convenio sobre a Diversidade Biolóxica
Uníndome ao movemento e invitando os meus amigos. Compartindo.
|