CONSULTORIO DE TARIFAS
Fraternidad Muprespa pon ao servizo dos seus asociados un consultorio destinado a resolver as dúbidas que puidesen xurdir en relación coa aplicación da nova tarifa de primas para a cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais establecida na disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro, de entrada en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2007, modificada a partir do 1 de xaneiro 2.010, pola disposición final oitava da Lei 26/2009, do 23 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 2010, aproba a nova tarifa para a cotización de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2010.
Para transmitirnos as súas dúbidas tan só deberá indicar os seus datos no seguinte formulario e á maior brevidade posible recibirá un correo electrónico de Fraternidad Muprespa coas aclaracións pertinentes.
Deberá ter en conta que este servizo está destinado unicamente aos asociados de Fraternidad Muprespa. Por tal motivo deberá poñer especial precaución en cubrir axeitadamente os datos da súa empresa (razón social e CIF) así como o seu enderezo de correo electrónico para que, unha vez comprobada a súa condición de asociado nas bases de datos de Fraternidad Muprespa, poidamos ofrecerlle de xeito eficiente este servizo de asesoramento.
Fraternidad Muprespa pon ao servizo dos seus asociados un consultorio para resolver as dúbidas que puidesen xurdir en relación coa aplicación da nova tarifa de primas para a cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais a través do seguinte formulario. |
| Ir ao Formulario |
Advertencia importante: Segundo establece a alínea tres da disposición adicional cuarta da Lei 42/2006 do 28 de decembro de presupostos xerais do Estado para 2007, a determinación do tipo de cotización aplicable da nova tarifa de primas corresponde exclusivamente á Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Polo tanto, as respostas que se faciliten a través deste servizo de consulta por correo electrónico, só deben ser consideradas en forma de asesoramento, non sendo vinculantes para ningunha das dúas partes intervinientes, nin ante a Tesouraría.
|