Ir a S. Prevención FM  

Cabeceira Web - Fraternidad Muprespa
2010 Año Internacional de la Diversidad Biológica
 
Tamaño 
|
Imprimir  |
Versión PDA   Versión PDA da Web |
|
españolCatalàEuskeraGalego

INTRODUCIÓN

OS NOVOS DEREITOS E OBRIGAS DE MÁIS DE TRES MILLÓNS DE AUTÓNOMOS EN MATERIA DE PROTECCIÓN SOCIAL EN CONTINXENCIAS COMÚNS E PROFESIONAIS

A partir da entrada en vigor o 12 de outubro de 2007 (Lei 20/2007 - BOE 12-7-2007) do esperado Estatuto do Traballo Autónomo (1), máis de tres millóns de traballadores por conta propia, ven regulada a súa actividade, co recoñecemento dun conxunto de dereitos individuais e colectivos, así como a mellora do nivel de protección social.

Está previsto polo Ministerio de Traballo que as diversas medidas e dereitos recollidos no Estatuto se vaian aplicando e regulando regulamentariamente de xeito progresivo.

Non obstante, aclararemos, pola súa complexidade, a obrigatoriedade ou non que marca o novo Estatuto para a adhesión nas distintas coberturas tanto de Continxencias Comúns como Profesionais entre os traballadores do Réxime Especial de Autónomos (RETA), cuxa definición actual queda establecida como: “persoas físicas que realicen de forma habitual, persoal e directa, por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo, dean ou non ocupación a traballadores por conta allea”

Tamén a nova Lei, no Art°. 26, punto 3, define por primeira vez a figura do Traballador Autónomo Economicamente Dependente (TRADE) como “aqueles que realizan unha actividade económica ou profesional a título lucrativo e de forma habitual, persoal, directa e predominante para unha persoa física ou xurídica, denominada cliente, do que dependen economicamente por percibir del, polo menos o 75 por 100 dos seus ingresos por rendementos de traballo e de actividades económicas ou profesionais”. Non obstante, para consideralos como tales, deberán reunir simultaneamente cinco condicións.

    1. Non ter ao seu cargo traballadores por conta allea, nin contratar ou subcontratar con terceiros.
    2. Non executar a súa actividade de maneira indiferenciada cos traballadores que presten servizos baixo calquera modalidade de contratación por conta do cliente.
    3. Dispoñer de infraestrutura produtiva e material propios, necesarios para o exercicio da actividade e independentes dos do seu cliente.
    4. Desenvolver a súa actividade baixo criterios organizativos propios, sen prexuízo das indicacións de carácter xeral que poida recibir do seu cliente.
    5. Percibir unha contraprestación económica en función do resultado da súa actividade, de acordo co pactado co cliente.

Estas condicións específicas, ademais han de ir acompañadas dun contrato por escrito (ou dentro dun acordo de interese profesional) e rexistrado:

  Descarga
Descarga Resolución do 21 de febreiro de 2008, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para o rexistro dos contratos concertados polos traballadores autónomos economicamente dependentes Descargar
subir


SISTEMA ESPECIAL PARA TRABALLADORES POR CONTA PROPIA AGRARIOS (SETA)

Pola Lei 18/2007 do 4 de xullo (2) establécese, dentro do Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, e con efectos dende o 1 de xaneiro de 2008, o Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios, no que quedarán incluídos os traballadores por conta propia agrarios, maiores de 18 anos, que reúnan os seguintes requisitos:
  • Ser titulares dunha explotación agraria e obter, polo menos, o 50 por 100 da súa renda total da realización de actividades agrarias ou outras complementarias, sempre que a parte de renda procedente directamente da actividade agraria realizada na súa explotación non sexa inferior ao 25 por 100 da súa renda total e o tempo de traballo dedicado a actividades agrarias ou complementarias das mesmas, sexa superior á metade do seu tempo de traballo total.
    • Considéranse actividades complementarias a participación e presenza do titular, como consecuencia de elección pública, en Institucións de carácter representativo, así como en órganos de representación de carácter sindical, cooperativo ou profesional, sempre que estes se atopen vinculados ao sector agrario; tamén terán a consideración de actividades complementarias as actividades de transformación e venda directa dos produtos da súa explotación e as relacionadas coa conservación do espazo natural e protección do ambiente, ao igual que as turísticas, cinexéticas e artesanais realizadas na súa explotación.
  • Que os rendementos anuais netos obtidos da explotación agraria por cada titular desta non superen a contía equivalente ao 75 por 100 do importe, en cómputo anual, da base máxima de cotización establecida en cada momento no Réxime Xeral da Seguridade Social.
  • A realización de labores agrarios de forma persoal e directa en tales explotacións agrarias, aínda cando ocupen traballadores por conta allea, sempre que non se trate de máis de dous traballadores fixos ou, de tratarse de traballadores con contrato de traballo de duración determinada, que o número total de xornais satisfeitos aos eventuais agrarios non supere os 546 nun ano, computado de data a data. As limitacións na contratación de traballadores por conta allea enténdense aplicables por cada explotación agraria.
  • No caso de que na explotación agraria existan dous ou máis titulares, en alta todos eles no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, engadiráselle ao número de traballadores ou xornais previstos no parágrafo anterior un traballador fixo máis, ou 273 xornais ao ano, no caso de traballadores eventuais, por cada titular da explotación agraria, excluído o primeiro.
subir


OPCIÓNS VOLUNTARIAS E OBRIGATORIAS PARA OS TRABALLADORES POR CONTA PROPIA OU AUTÓNOMOS PARA A ADHESIÓN A UNHA MUTUA DE ACCIDENTES

Autónomos tradicionais ou clásicos (Disposición Adicional 3ª, punto 1.)  
Continxencias Profesionais (Accidente de Traballo e Enfermidades Profesionais)Opción VOLUNTARIA (Dende 2004)
Prestación Económica de Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns (Enfermidade Común ou Accidente non Laboral)Opción OBRIGATORIA (A partir de 1-1-2008)


Autónomos economicamente dependentes (TRADE)  
Continxencias Profesionais (Accidente de Traballo e Enfermidades Profesionais)Opción OBRIGATORIA (A partir de 1-1-2008)
Prestación Económica de Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns (Enfermidade Común ou Accidente non Laboral)Opción OBRIGATORIA (A partir de 1-1-2008)


Autónomos que realizan actividades con maior risco de sinistralidade  
Continxencias Profesionais (Accidente de Traballo e Enfermidades Profesionais)Opción OBRIGATORIA (Pendente de desenvolvemento regulamentario)
Prestación Económica de Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns (Enfermidade Común ou Accidente non Laboral)Opción OBRIGATORIA (A partir de 1-1-2008)


Sistema Especial de Traballadores Agrarios por Conta Propia  
Cobertura de Incapacidade, Morte e Supervivencia Continxencias Profesionais. I.M.S. Opción OBRIGATORIA
Cobertura de Continxencias Comúns. Opción OBRIGATORIA
Prestación Económica de Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns e Continxencias Profesionais (Mellora). Opción VOLUNTARIA
Coa Lei 20/2007 do 11 de xullo e o punto 3, da Disposición adicional terceira, a cobertura de Incapacidade Temporal de Continxencias Comúns e a correspondente a Continxencias Profesionais seguirá sendo voluntaria, non así o risco grave (Incapacidade, Morte e Supervivencia) que segue sendo obrigatorio para as continxencias profesionais.

Fillos de Autónomos menores de 30 anos
Co novo Estatuto, os autónomos teñen a posibilidade de contratar como traballadores asalariados os fillos menores de 30 anos.
subir


COBERTURA OBRIGATORIA DE CONTINXENCIAS COMÚNS

Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou Autónomos (RETA)
Base mínima (mes) 841,80 € 907,50 € (**)
Base máxima (mes) 3.198,00 € 1.665,90 € (**)
Tipo por Continxencias Comúns 29,80% 26,50% cando non teña cuberta a IT (no caso de pluriactividade)
(**) Traballadores con 50 anos ou máis de idade a 01/01/2010, agás cónxuxe supérstite con 45 anos ou máis de idade ( 841,80 € e 1.665,90 € )

Os traballadores incluídos neste réxime especial que non teñan cuberta a protección dispensada ás continxencias derivadas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, efectuarán unha cotización adicional equivalente ao 0,1%, aplicado sobre a base de cotización elixida, para o financiamento das prestacións previstas nos capítulos IV quáter e IV quinquies (3), do Título II, da Lei xeral da Seguridade Social (risco durante embarazo e lactación).

Sistema Especial de Traballadores Agrarios por conta propia (SETA)
Base mínima (mes) 841,80€  
Base máxima (mes) 3.198,00€  
Tipo por Continxencias Comúns (sen I.T.) 18,75% (s/ base mínima RETA)
28,30%(s/ exceso base mínima RETA)
 

Os traballadores incluídos neste réxime especial que non teñan cuberta a protección dispensada ás continxencias derivadas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, efectuarán unha cotización adicional equivalente ao 0,1%, aplicado sobre a base de cotización elixida, para o financiamento das prestacións previstas nos capítulos IV quáter e IV quinquies (3), do Título II, da Lei xeral da Seguridade Social (risco durante embarazo e lactación).

subir


OPCIÓN Á COBERTURA DE ACCIDENTES DE TRABALLO

Os traballadores incluídos no RETA ao darse de alta na Seguridade Social, han de cubrir as Continxencias Profesionais coa mesma mutua de Accidentes coa que opte ou optase no seu día para a xestión da prestación económica de Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns.

Os traballadores que non optasen aínda pola cobertura de Continxencias Profesionais, poderán acollerse transcorrido un ano natural dende a alta, previa solicitude por escrito antes do l de outubro de cada ano, producindo efectos o 1 de xaneiro do ano seguinte.
subir


TARIFA DE PRIMAS PARA A COTIZACIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Coa disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro, a partir do 1 de xaneiro de 2007, entrou en vigor a nova tarifa de primas para a cotización de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, na que estenden a súa aplicación aos traballadores do Réxime Especial de traballadores por conta propia ou autónomos. A devandita tarifa foi modificada a partir do 1 de xaneiro 2008, pola Lei 51/2007 do 26 de decembro, de presupostos xerais do Estado para o ano 2008 na súa disposición final décimo cuarta, a partir do 1 de xaneiro de 2009 pola disposición final décimo terceira da Lei 2/2008, do 23 de decembro, de presupostos xerais do Estado para o ano 2009, e a partir do 1 de xaneiro de 2010 pola disposición final oitava da Lei  26/2009, do 23 de decembro de presupostos xerais do Estado para o ano 2010.

Por ser as Mutuas, Entidades Colaboradoras da Seguridade Social, a cotización das Continxencias Profesionais, ao igual que ocorre coas Continxencias Comúns, efectúase a través dos Seguros Sociais, aplicando unha porcentaxe sobre a base reguladora garantida. Esta porcentaxe de cotización vai en función ao maior ou menor risco (que oscila entre o 0,90% e 7,15%), sobre a actividade económica (CNAE) dos traballadores por conta propia ou autónomos.

A disposición final oitava  da Lei 26/2009, do 23 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 2010, aproba a nova tarifa para a cotización de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2010.

A novidade máis importante desta nova tarifa é que se suprime a ocupación "c" que se refería á cotización dos traballadores en situación de Incapacidade Temporal ou de suspensión da relación laboral, aplicándose o tipo correspondente á respectiva actividade económica da empresa e redúcese a aplicación da ocupación "b" só para os representantes de comercio.

A devandita tarifa aplicarase para aquelas cotizacións cuxo período de liquidación corresponda ao ano 2010: Empresas a partir de liquidación xaneiro 2010 (ingreso febreiro 2010) e traballadores autónomos a partir da liquidación de xaneiro 2010 (ingreso mesmo mes).

TARIFA PARA A COTIZACIÓN POR ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS ANO 2010 Descarga
CADRO I - Códigos CNAE-2009 e título da actividade económica Descargar
CADRO II - Tipos aplicables a ocupacións e situacións en todas as actividades Descargar




(1) Descarga
Descarga Lei 20/2007 do BOE (Boletín Oficial do Estado) do día 12 de xullo de 2007, correspondente ao Estatuto do traballador autónomo. Descargar


(2) Descarga
Descarga Lei 18/2007, do 4 de xullo, pola que se procede á integración dos traballadores por conta propia do Réxime especial agrario da Seguridade Social no Réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos. Descargar


(3) Descarga
Descarga Extraído do Título II: Réxime xeral da Seguridade Social, da Lei xeral da Seguridade Social. CAPÍTULO IV QUATER. RISCO DURANTE O EMBARAZO (Anterior capítulo IV ter segundo Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo) e CAPÍTULO IV QUINQUIES. RISCO DURANTE A LACTACIÓN NATURAL. (Engadido por Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo). Descargar

subir