LEI 26/2009 DO 23 DE DECEMBRO DE PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO PARA O ANO 2010
DISPOSICIÓN FINAL OITAVA. Modificación da Lei 42/2006, do 28 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 2007.
Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e vixencia indefinida, modifícase a disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 2007, na redacción dada pola disposición final décimo terceira da Lei 2/2008 do 23 de decembro de presupostos xerais do Estado para 2009, que queda redactada nos seguintes termos:
Un. A cotización á Seguridade Social dos empresarios, calquera que sexa o réxime de encadramento, e, se é o caso, dos traballadores por conta propia incluídos nos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, polas continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais levarase a cabo, a partir do 1 de xaneiro de 2010, en función da correspondente actividade económica, ocupación ou situación, mediante a aplicación da seguinte tarifa:
| TARIFA PARA A COTIZACIÓN POR ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS |
 |
| CADRO I - Códigos CNAE-2009 e título da actividade económica |
Descargar |
| CADRO II - Tipos aplicables a ocupacións e situacións en todas as actividades |
Descargar |
Dous. En orde á aplicación do establecido na alínea Unha anterior teranse en conta as seguintes regras:
-
Primeira. Nos períodos de baixa por incapacidade temporal e outras situacións con suspensión da relación laboral con obriga de cotización, continuará sendo de aplicación o tipo de cotización correspondente á respectiva actividade económica.
-
Segunda. Para a determinación do tipo de cotización aplicable en función ao establecido na tarifa contida nesta disposición tomarase como referencia o previsto no seu Cadro I para identificar o tipo asignado neste en razón da actividade económica principal desenvolvida pola empresa ou polo traballador por conta propia ou autónomo, conforme a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009), aprobada por Real decreto 475/2007, do 13 de abril, e aos códigos que nesta se conteñen en relación con cada actividade.
Cando nunha empresa concorran, xunto coa actividade principal, outra ou outras que deban ser consideradas auxiliares respecto daquela, o tipo de cotización será o establecido para esta actividade principal. Cando a actividade principal da empresa concorra con outra que implique a produción de bens ou servizos que non se integren no proceso produtivo da primeira, dispoñendo de medios de produción diferentes, o tipo de cotización aplicable con respecto aos traballadores ocupados neste será o previsto para a actividade económica en que a mesma quede encadrada.
Cando os traballadores por conta propia realicen varias actividades que dean lugar a unha única inclusión no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, o tipo de cotización aplicable será o máis elevado dos establecidos para as actividades que leve a cabo o traballador.
-
Terceira. Non obstante o indicado na regra anterior, cando a ocupación desempeñada polo traballador por conta allea, ou a situación en que este se ache, se correspondan con algunha das enumeradas no Cadro II, o tipo de cotización aplicable será o previsto no devandito Cadro para a ocupación ou situación de que se trate, en tanto que esta difira do que corresponda en razón da actividade da empresa.
Tres. A determinación do tipo de cotización aplicable será efectuada, nos termos que regulamentariamente se estableza, pola Tesourería Xeral da Seguridade Social en función da actividade económica declarada pola empresa ou polo traballador autónomo ou, se é o caso, polas ocupacións ou situacións dos traballadores, con independencia de que, para a formalización da protección fronte ás continxencias profesionais, se optase en favor dunha entidade xestora da Seguridade Social ou dunha entidade colaboradora da mesma.
Catro. O Goberno procederá ao correspondente axuste anual dos tipos de cotización incluídas na tarifa recollida na presente disposición, así como á adaptación das actividades económicas ás novas clasificacións CNAE que se aproben e á supresión progresiva das ocupacións que se enumeran na clasificación contida na referida tarifa.
|