2012 ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos
Recoñecendo a importancia da enerxía para o desenvolvemento sostible, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o ano 2012 Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos mediante resolución 65/151.
Segundo a resolución da Asemblea Xeral que declara 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos, o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento acordou brindar apoio para a creación de comités nacionais/centros de coordinación nacionais, que impulsen accións concretas no ámbito nacional e arredor dos obxectivos da iniciativa, mediante unha variedade de iniciativas de colaboración políticas e programáticas. O Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos ofrece unha valiosa oportunidade para afondar a toma de conciencia sobre a importancia de incrementar o acceso sostible á enerxía, a eficiencia enerxética e a enerxía renovable no ámbito local, nacional, rexional e internacional. Os servizos enerxéticos teñen un profundo efecto na produtividade, a saúde, a educación, o cambio climático, a seguridade alimentaria e hídrica e os servizos de comunicación.
"A ENERXÍA aumenta a produtividade dos agricultores" ![]() A falta de acceso á enerxía non contaminante, alcanzable e fiable, obstaculiza o desenvolvemento social e económico e constitúe un obstáculo importante para o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Non obstante, 1.400 millóns de persoas carecen de acceso á enerxía moderna, en tanto 3.000 millóns dependen da «biomasa tradicional» e carbón como as principais fontes de enerxía. O logotipo do Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos foi deseñado gratuitamente polas comunicacións e o equipo de deseño da empresa Statoil. O elemento gráfico do logotipo está inspirado no sinal técnico usado en electricidade de "masa" ou "terra", pero o símbolo foi interpretado de tal forma, que se quere dar a entender o coidado e cariño mediante un abrazo do devandito símbolo. O seu obxectivo é que en aparencia sexa similar a un abrazo, os brazos envolvidos arredor do texto (na versión horizontal). A cor principal do logo é verde, pero utilizouse un gradiente para crear a impresión de enerxía e movemento. ![]() ¿EN QUE CONSISTE O 2012 ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA SOSTIBLE PARA TODOS?Coa dirección do secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, ONU-Enerxía, un grupo de coordinación de 20 organismos das Nacións Unidas preparan unha nova iniciativa mundial, Enerxía Sostible para Todos. Os obxectivos existentes detrás da iniciativa son os seguintes: Esta iniciativa fará partícipes os gobernos, o sector privado e asociados da sociedade civil en todo o mundo para lograr tres obxectivos importantes para 2030:
"A ENERXÍA é vital para os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" ESTOU INTERESADO... ¿COMO PODO PARTICIPAR?![]()
Informándome acerca das cuestións relacionadas coa enerxía e o ambiente na miña zona e no meu país. Hai que saber para poder actuar.
Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño
![]()
Organizando e contando como vas celebrar o Ano da Enerxía Sostible para Todos durante o 2012. Toda acción suma, por pequena que esta sexa.
Web Oficial do Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos
![]()
Participando a nivel local, uníndose ás ONG e ofrecéndose como voluntario nas accións relacionadas coa celebración do Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos. O uso racional da enerxía comeza por min.
Axencia Internacional de Enerxías Renovables
ONU Enerxía
Fundación Entorno
Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento
Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial
![]() |