---
title: "Fraternidad Muprespa i la Direcció Provincial de l'INSS de Màlaga han signat un conveni de col·laboració"
lang: "ca"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-i-la-direccio-provincial-de-linss-de-malaga-han-signat-un-conveni-de"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-y-la-direccion-provincial-del-inss-de-malaga-han-firmado-un-convenio"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/noticias/fraternidad-muprespa-i-la-direccio-provincial-de-linss-de-malaga-han-signat-un-conveni-de"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/noticias/fraternidad-muprespak-eta-gsinren-malagako-zuzendaritza-probintzialak-lankidetza"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/noticias/fraternidad-muprespa-e-direccion-provincial-do-inss-de-malaga-asinaron-un-convenio-de"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad Muprespa i la Direcció Provincial de l'INSS de Màlaga han signat un conveni de col·laboració



20/07/2017

Novetats

O convenio asinado entre a Dirección provincial do INSS de Málaga e a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social Fraternidad-Muprespa consiste no acceso telemático á historia clínica dos seus asegurados, en supostos de prestacións da Seguridade Social, que requiran un control e seguimento médico por parte do [INSS](/ca-ES/inss).

Asínase sobre a base do artigo 10.1 do RD 625/2014, do 18 de xullo, que dispón que a cooperación e a coordinación na xestión da incapacidade temporal entre o [INSS](/ca-ES/inss), [ISM](/ca-ES/ism), mutuas e servizos públicos de saúde das [CC](/ca-ES/cc). AA. e o Instituto Nacional de xestión sanitaria se instrumentarán institucionalmente a través de acordos, os cales poderán ser desenvolvidos mediante convenios específicos.

O obxecto concreto deste convenio é mellorar a xestión, o control e seguimento das prestacións derivadas da incapacidade laboral, tanto temporal coma permanente, por continxencia común ou profesional.

O convenio foi asinado por Manuel Prieto García, director provincial do [INSS](/ca-ES/inss)-Málaga, verdadeiro impulsor deste tras detectar unha necesidade real de mellora na coordinación da xestión, e por Esteban Mate de Miguel, subdirector xeral de Xestión de Fraternidad-Muprespa, mutua sempre preocupada por ofrecer a mellor atención ao paciente e optimizar os recursos públicos que se lle asignan.

No acto tamén estiveron presentes Fuensanta Galán Bejarano, subdirectora provincial de Información Administrativa, Informes de Cotización e Subsidios, e a Dra. Francisca Toscano Nieblas, médica do EVI, por parte do [INSS](/ca-ES/inss). Así como Sonia Medrano Pascual, directora territorial sur e José Manuel Crespo Figuerola, director provincial de Málaga de Fraternidad-Muprespa.