---
title: "A contribución de +compromiso á xestión da pandemia, durante 2020, en cifras"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2022-03-09"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/a-contribucion-de-compromiso-a-xestion-da-pandemia-durante-2020-en-cifras"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-contribucion-en-la-gestion-de-la-pandemia-de-compromiso-durante-2020-en-cifras"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/la-contribucio-de-compromiso-a-la-gestio-de-la-pandemia-durant-el-2020-en-xifres"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/compromiso-ren-ekarpena-pandemiaren-kudeaketari-2020an-zehar-zifratan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/a-contribucion-de-compromiso-a-xestion-da-pandemia-durante-2020-en-cifras"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/the-contribution-of-compromiso-to-the-management-of-the-pandemic-during-2020-in-figures"
---

 ![+COMPROMISO](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/node/noticia/field_image_main/Banner-%2Bcompromiso-pandemia.jpg?itok=quHgxt8p)

 

# A contribución de +compromiso á xestión da pandemia, durante 2020, en cifras



08/10/2021

+compromiso

A alianza +compromiso traballou conxuntamente, de forma eficiente, desde o inicio da pandemia. Esta excelente contribución tradúcese en cifras do seguinte xeito:

Uns 1.800 profesionais da saúde de

Tramitáronse máis de 800.000 solicitudes de prestacións extraordinarias de autónomos, o que supón o 32% do total do sector.

Xestionáronse preto de 1.250.000 baixas médicas por Covid-19, o 34% do total tramitado polo sector.

As tres mutuas que integran a alianza +compromiso, Asepeyo, Fraternidad-Muprespa e MC MUTUAL, contribuíron á xestión da pandemia de Covid-19 achegando recursos, tanto humanos como materiais, para combater os efectos económicos e sanitarios producidos polos pandemia.

Durante o ano 2020, e ata xuño de 2021, as tres entidades colaboraron co Sistema Público de Saúde, achegando 1.716 profesionais sanitarios, ben desde os seus propios centros, ben sendo trasladados a hospitais e residencias.

As tres mutuas puideron xestionar de forma rápida e eficiente 809.634 expedientes de solicitude de prestacións extraordinarias para autónomos e 1.243.670 expedientes de baixa médica por Covid-19.

Este gran traballo puido levarse a cabo, grazas ao gran compromiso dos traballadores das tres mutuas, que puideron desenvolver as súas funcións dende as súas propias casas, nun entorno de traballo remoto, e cos avances tecnolóxicos implantados polas tres entidades.