---
title: "A MUTUA Fraternidad-Muprespa E A DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO DA CORUÑA CELEBRAN UNHA XORNADA DE SEGURIDADE VIAL NO TRABALLO."
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2026-07-20"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/a-mutua-fraternidad-muprespa-e-a-direccion-xeral-de-trafico-da-coruna-celebran-unha-xornada-de-seguridade-vial-no-traballo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/la-mutua-fraternidad-muprespa-y-la-direccion-general-de-trafico-de-coruna-celebran-una"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/la-mutua-fraternidad-muprespa-i-la-direccio-general-de-transit-de-la-corunya-celebren-una-jornada-sobre-seguretat-viaria-en-el-treball"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/mutua-fraternidad-muprespa-eta-corunako-trafiko-zuzendaritza-nagusiak-lan-bide-segurtasunari-buruzko-eguna-ospatu-dute"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/a-mutua-fraternidad-muprespa-e-a-direccion-xeral-de-trafico-da-coruna-celebran-unha-xornada-de-seguridade-vial-no-traballo"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/the-mutua-fraternidad-muprespa-and-the-general-directorate-of-traffic-of-a-coruna-celebrate-a-day-on-road-safety-at-work"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/mutua-fraternidad-muprespa-hekeluniyajiaotongzongjuqingzhugongzuodaoluanquanri"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# A MUTUA Fraternidad-Muprespa E A DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO DA CORUÑA CELEBRAN UNHA XORNADA DE SEGURIDADE VIAL NO TRABALLO.



03/03/2015

Recensión de xornada

A Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa, realizou unha xornada formativa na Coruña co Xefatura de TráficoA Coruña (DGT), baixo o título: “Seguridade Viaria no Traballo”.  
  
A xornada foi inaugurada por D. Javier Eibe Suárez, Deputado da Dirección Provincial de Fraternidad-Muprespa da Coruña, que deu a benvida a todos os asistentes.

 D.a Rosa Mahía Neira e D.a Rocío Rúa Piñeiro, Coordinadores de Educación Viaria da DXT da Coruña, realizaron relatorios desenvolvendo principalmente todos os aspectos relativos aos accidentes in itinere e en misión, así como os factores de risco na condución.  
   
A continuación,D. Eduardo Lodeiro Pérez, Técnico de Prevención de Riscos Laborais de Fraternidad-Muprespa, elaborou unha exposición sobre as medidas preventivas a adoptar e o desenvolvemento dos plans de mobilidade. Por último, lembrou aos asistentes todos os recursos dispoñibles en materia de seguridade viaria para traballadores e empresas, no Portal de Prevención Fraternidad-Muprespa “Previene”.  
   
A clausura do acto correu a cargo de D. Alejandro Lamelo Garrido, Director Provincial da Coruña de Fraternidad-Muprespa, que agradeceu a súa participación e asistencia a todos os asistentes.   
   
"A túa Mutua 275 - Calidade e Servizo, os 365 días do ano"