Accidente de traballo

Á hora de definir o accidente de traballo podémolo facer dende unha dobre vertente:

  • Definición legal: O concepto de accidente de traballo dende este punto de vista vén especificado no artigo 115 do Texto Refundido da Lei Xeral de Seguridade Social (R.D. 1/94), que o define como "toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo que execute por conta allea".
  • Definición técnica: Dende esta perspectiva considérase accidente de traballo como “un suceso anormal, non querido nin desexado que se presenta de forma brusca e inesperada, aínda que normalmente evitable, que interrompe a normal continuidade do traballo e pode causar lesión ás persoas ou danos á propiedade”.