Asma laboral

Enfermidade profesional definida por unha contrición das vías respiratorias que adoita ser reversible despois dun curto período de tempo. Os síntomas máis comúns son: tose, sibilancias, opresión torácica e dispnea. Os factores de risco laborais máis importantes son a exposición a isocianatos, po de fariña, proteínas dos ouriños dos animais de laboratorio e fumes de soldadura. O diagnóstico de asma laboral require identificar unha clara relación entre a ocupación e a enfermidade.