---
title: "Campaña de formación en seguridade viaria con realidade virtual inmersiva en Barcelona"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2026-07-20"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/campana-de-formacion-en-seguridade-viaria-con-realidade-virtual-inmersiva-en-barcelona"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/campana-de-formacion-en-seguridad-vial-con-realidad-virtual-inmersiva-en-barcelona"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/campanya-de-formacio-en-seguretat-viaria-amb-realitat-virtual-immersiva-a-barcelona"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/errealitate-birtual-murgiltzailearekin-bide-segurtasuneko-prestakuntza-kanpaina-bartzelonan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/campana-de-formacion-en-seguridade-viaria-con-realidade-virtual-inmersiva-en-barcelona"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/road-safety-training-campaign-with-immersive-virtual-reality-in-barcelona"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/basailuonachenjinshixunixianshidaoluanquanpeixunhuodong"
---

 ![Un dos traballadores asistentes ao obradoiro organizado por Fraternidad-Muprespa](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/2018-11/uno-de-los-trabajadores-asistentes-al-taller-organizado-por-fraternidad-muprespa_0.jpg?itok=-2iWXkxx)

 

# Campaña de formación en seguridade viaria con realidade virtual inmersiva en Barcelona



04/11/2018

Recensión de xornada

Población

Barcelona

 

Para combater os accidentes laborais asociados ao tráfico, Fraternidad-Muprespa impartiu durante todo o mes de outubro un total de 14 obradoiros de seguridade viaria co equipo de realidade virtual inmersiva da provincia de Barcelona.

O obxectivo desta dinámica é conseguir experiencias de condución simuladas en tempo real con seguridade e sen saír da aula. Para conseguilo, combínase a última tecnoloxía en realidade virtual cunha exposición de conceptos técnicos e de sensibilización, adaptados ao perfil dos asistentes. Deste xeito, preténdese cambiar a percepción do risco do condutor.

Daban as sesións Aritz Acebal e Oscar Luquin, técnicos superiores de Prevención de Riscos Laborais en Fraternidad-Muprespa. Os obradoiros tiveron unha gran acollida por parte dos asistentes, procedentes de empresas como Correos, Ambulancias Catalunya, Grupo Electro Stocks, Stac, GPO Group ou GEA Refrigeración Ibérica.



 

[![A estes obradoiros acudiron empregados de empresas como Correos ou Ambulancias Catalunya](/sites/default/files/2018-11/empleados-de-empresas-como-correos-o-ambulancies-catalunya-acudieron-a-estos-talleres.jpg)](https://www.fraternidad.com/sites/default/files/2018-11/empleados-de-empresas-como-correos-o-ambulancies-catalunya-acudieron-a-estos-talleres.jpg "A estes obradoiros acudiron empregados de empresas como Correos ou Ambulancias Catalunya")

[![Os asistentes aos obradoiros contaban con equipos de realidade virtual inmersiva](/sites/default/files/2018-11/los-asistentes-a-los-talleres-dispusieron-del-equipo-de-realidad-virtual-inmersiva.jpg)](https://www.fraternidad.com/sites/default/files/2018-11/los-asistentes-a-los-talleres-dispusieron-del-equipo-de-realidad-virtual-inmersiva.jpg "Os asistentes aos obradoiros contaban con equipos de realidade virtual inmersiva")

[![Os equipos de realidade virtual permiten conducir en situacións adversas](/sites/default/files/2018-11/el-equipo-de-realidad-virtual-permite-la-conduccion-en-situaciones-adversas.jpg)](https://www.fraternidad.com/sites/default/files/2018-11/el-equipo-de-realidad-virtual-permite-la-conduccion-en-situaciones-adversas.jpg "Os equipos de realidade virtual permiten conducir en situacións adversas")