---
title: "Certificación Bequal Plus"
lang: "gl"
type: "advanced_page"
updated: "2026-07-20"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/certificacion-bequal-plus"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/certificacion-bequal-plus"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/certificacio-bequal-plus"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/bequal-plus-ziurtagiria"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/certificacion-bequal-plus"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/bequal-plus-certification"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/bequal-plus-renzheng"
---

 ![Certificación Bequal Plus](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/2017-03/Fraternidad_68812565.jpg?itok=nYKGLhM3)

 

#  Certificación Bequal Plus 



Fraternidad-Muprespa obtivo a certificación Bequal en decembro de 2016, categoría PLUS, en recoñecemento ás políticas de inclusión de persoas con discapacidade.

O selo entregado pola Comisión de Certificación da Fundación Bequal certifica e distingue ás organizacións e entidades comprometidas coas persoas con discapacidade a través de:

* Cumprimento da lexislación.
* O compromiso coa igualdade de oportunidades e a accesibilidade universal.
* A mellora e aumento dos niveis e calidade do emprego das persoas con discapacidade.
* A mellora da oferta de produtos e servizos, baseada no deseño para todos.

Esta certificación, lexitimada polo movemento asociativo de persoas con discapacidade en España, é a principal referencia no mercado de [Responsabilidade Social](/gl-ES/responsabilidade-social) Empresarial e Discapacidade.

A certificación Bequal é un proceso de mellora continua que leva á empresa á excelencia na inclusión da diversidade, contribuíndo a que sexa motor de cambio social e axente activo na construción dunha sociedade inclusiva e non discriminatoria.

O selo presenta tres niveis de valoración, en función do grao de desenvolvemento das políticas de discapacidade na empresa (Bequal, Bequal plus e Bequal Premium) e divídese en 69 fontes de verificación agrupadas en 19 indicadores de 7 categorías segundo as seguintes áreas:

* Goberno.
    * Estratexia e liderado.
* Igualdade de oportunidades e non discriminación . 
    * Xestión de RRHH
    * Accesibilidade.
    * Clientes.
    * Comunicación externa.
* Acción positiva . 
    * Compra responsable.
    * Acción social.

A Fundación Bequal ten como obxectivo promover a inclusión social das persoas con discapacidade mediante a definición e promoción de estándares certificables para a inclusión das políticas de discapacidade social na xestión empresarial.

 ![Sello Bequal]()

 

[Fraternidad-Muprespa recibe a certificación Bequal](/gl-ES/fraternidad-muprespa-recibe-a-certificacion-bequal-mais-categoria)

[Certificado Web Bequal no 005/2016](http://www.bequal.es/fraternidad-muprespa)

[Entrega do certificado Bequal Plus](/gl-ES/entrega-do-selo-bequal-plus-a-fraternidad-muprespa)