---
title: "Comeza a segunda fase do Observatorio de Bienestar Digital-Laboral"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2026-09-15"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/comeza-a-segunda-fase-do-observatorio-de-bienestar-digital-laboral"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/arranca-la-segunda-fase-del-observatorio-de-bienestar-digital-laboral"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/engega-la-segona-fase-del-observatorio-de-bienestar-digital-laboral"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/observatorio-de-bienestar-digital-laboralaren-bigarren-fasea-hasten-da"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/comeza-a-segunda-fase-do-observatorio-de-bienestar-digital-laboral"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/the-second-phase-of-the-observatorio-de-bienestar-digital-laboral-starts"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/observatorio-de-bienestar-digital-laboraldierqiqidong"
---

 ![Comeza a segunda fase do Observatorio de Bienestar Digital-Laboral](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/node/noticia/field_image_main/banner_observatorio_bienestar_digital-18188.webp?itok=9qfv912F)

 

# Comeza a segunda fase do Observatorio de Bienestar Digital-Laboral



15/09/2026

Enquisa

Fraternidad-Muprespa, xunto con Fundación Personas y Empresas e CIPA-STUDIUM (Universidade Camilo José Cela), pon en marcha a segunda fase do Observatorio Dixital-Traballo, centrada na desconexión dixital. O obxectivo é analizar o impacto dos usos e hábitos dixitais no benestar e saúde laboral dos traballadores.

Esta segunda fase dálle continuidade ao [estudo desenvolvido en 2025](https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/informe-del-observatorio-de-bienestar-digital-laboral-el-80-dedica-el-75-de-su-jornada), que permitiu analizar o impacto da tecnoloxía na saúde laboral a partir de 565 enquisas e que puxo de manifesto a crecente exposición dixital dos traballadores, así como a necesidade de avanzar en modelos de xestión que garantan un uso equilibrado e saudable das ferramentas tecnolóxicas no ámbito profesional.

[Participa na enquisa](https://bo-emea.opinat.com/index.php/survey/noapiqr?user=Medicion_Sat&pass=71131422bd478d573c366cf1972da82dcd9da658&nif=G82287228&centro=8788&campanya=6178&oleada=127349&idm=es)

A partir dos datos obtidos na enquisa, tresgrupos focales, formado cada un por oito persoas, entre usuarios, expertos e responsables, realizarán a súa análise. Os resultados presentaranse o vindeiro mes de decembro.

Deste xeito, as entidades promotoras do observatorio seguen xerando coñecemento sobre a saúde e o benestar dixital no ámbito laboral, identificando os principais retos asociados á desconexión dixital e aportando solucións, boas prácticas e medidas preventivas que contribúan a promover contornas de traballo máis saudables e sostibles.

A enquisa consta de dez bloques de preguntas que se poden completar en aproximadamente dez minutos de forma anónima.

Con esta segunda edición, Fraternidad-Muprespa reafirma o seu compromiso tanto coa promoción de ambientes de traballo máis seguros e saudables como coa evolución técnica da prevención nun escenario de dixitalización e transformación dos modelos de traballo.