Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

"O 20 de decembro de 2006, a Asemblea Xeral, na súa resolución 61/193, declarou 2011 Ano Internacional dos Bosques e invitou os gobernos, o sistema das Nacións Unidas, as organizacións non-gobernamentais competentes, o sector privado e outros axentes a que fixesen esforzos concertados para crear máis conciencia en todos os niveis para fortalecer a ordenación sostible, a conservación e a explotación sostible de todos os tipos de bosques en beneficio das xeracións presentes e futuras. "

O Ano Internacional dos Bosques 2011 ofrece unha oportunidade única de incrementar a conciencia pública dos problemas que afectan moitos dos bosques do Mundo e as persoas que dependen deles. Xa hai boa información sobre experiencias positivas e valiosas de promoción dunha ordenación forestal sostible. O Ano constitúe un medio para xuntar esas voces e impulsar unha maior participación pública nas actividades forestais de todo o mundo.

O Ano Internacional dos Bosques é unha grande oportunidade para promover o diálogo sobre os bosques e celebrar o que son os bosques para a xente durante todo o 2011.

Esta celebración resultará útil para tomar maior conciencia de que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan. Con este fin, promoverase a acción internacional detrás da ordenación sostible, a conservación e o desenvolvemento de todo tipo de bosques, incluídas as árbores fóra deles.

Entre as actividades conmemorativas do Ano Internacional dos Bosques figura o intercambio de coñecementos sobre estratexias prácticas que favorezan a ordenación forestal sostible e o retroceso da deforestación e a degradación dos bosques. Co obxecto de facilitar a organización destas actividades, aléntanse os gobernos a que establezan comités nacionais e centros de coordinación nos seus países respectivos, e a que xunten os seus esforzos aos das organizacións rexionais e internacionais e as organizacións da sociedade civil.

"Os bosques cobren o 31% da superficie total da Terra"

2010 Ano Internacional da Diversidade Biolóxica

O logotipo do Ano Internacional dos Bosques, 2011 ten por finalidade ilustrar o lema de "Os bosques, para as persoas" e enxalzar o papel fundamental que cumpren as persoas na ordenación sostible, a conservación e a explotación sostible dos bosques do noso Mundo. Os elementos iconográficos do debuxo representan algúns dos numerosos valores dos bosques e a necesidade de cambiar totalmente de perspectiva:
"os bosques proporcionan vivenda ás persoas e un hábitat para a diversidade biolóxica, son fonte de alimentos, medicamentos e auga potable e desempeñan unha función vital de estabilización do clima e o medio mundiais. A unión de todos eses elementos reforza a idea de que os bosques son vitais para a supervivencia e o benestar das persoas de todo o mundo, que somos sete mil millóns,".

"O sustento de máis de 1.600 millóns de persoas depende dos bosques"


¿EN QUE CONSISTE O 2011 ANO INTERNACIONAL DAS ÁRBORES?

2010 Ano Internacional da Diversidade Biolóxica - Fraternidad Muprespa - Mutua de accidentes de Traballo e Enfermidades profesionais

A inauguración oficial do Ano terá lugar na Sede das Nacións Unidas durante a serie de sesións de alto nivel do noveno período de sesións do Foro das Nacións Unidas sobre os Bosques (2 e 3 de febreiro de 2011), na que está previsto que participen Xefes de Estado e ministros.

2010 Ano Internacional da Diversidade Biolóxica - Fraternidad Muprespa - Mutua de accidentes de Traballo e Enfermidades profesionais

Os obxectivos existentes detrás da iniciativa Ano Internacional dos Bosques son os seguintes:

  • Seguir alentando as persoas a que fomenten a sensibilización con respecto ás dificultades e os éxitos en materia de ordenación forestal sostible no plano nacional e internacional.
  • Promover a realización de actividades relacionadas co Ano.
  • Promover a celebración do Ano non como acto illado senón como parte dun proceso continuo de promoción e colaboración para potenciar a sensibilidade e a acción con respecto á ordenación forestal sostible a todos os niveis.

"Os bosques son o fogar de 300 millóns de persoas en todo o mundo"


ESTOU INTERESADO... ¿COMO PODO PARTICIPAR?

Ir a...
Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño
Informándome acerca das cuestións relacionadas coa diversidade biolóxica e o medio na miña zona e no meu país. Hai que saber para poder actuar.

Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño

Ir a...
Web Oficial do Ano Internacional dos Bosques
Organizando e contando como vas celebrar o Ano dos Bosques durante o 2011. Toda acción suma, por pequena que esta sexa.

Web Oficial do Ano Internacional dos Bosques

Ir a...

Fundacion más árboles Fundacion más árboles
Consultorio forestal Dr. Árbol
Ecologistas en acción
Participando a escala local, uníndose ás ONG ambientais e ofrecéndose coma voluntario nas accións ambientais. A conservación dos bosques comeza por min.

Fundación Más Árboles

Ecologistas en acción

Fundación apadrina un Árbol

Consultorio forestal Dr. Árbol

Ir a...

A Campaña dos Mil Millóns de Árbores
Colaborando. O movemento dos "Mil millóns de árbores" é unha iniciativa mundial de plantación de árbores facilitada polo PNUMA. Exhórtanse os pobos, as comunidades, o sector empresarial, a industria, a sociedade civil, as organizacións e os gobernos a concertar compromisos en liña para a plantación de árbores. Participando: Aprendendo, Falando, Actuando

A Campaña dos Mil Millóns de Árbores

Ir a...

Facebook - 2010 Ano internacional da diversidade biolóxica
Uníndome ao movemento e invitando os meus amigos. Compartindo.

Facebook

subir