Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

AGRICULTURA FAMILIAR

Na resolución (A/RES/66/222) a Asemblea Xeral designou o 2014 «Ano Internacional da Agricultura Familiar» e invita á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura a que facilite a observancia do Ano Internacional da Agricultura Familiar, en colaboración cos gobernos, o Programa Mundial de Alimentos, o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, o Grupo Consultivo para a Investigación Agrícola Internacional e outras organizacións competentes do sistema das Nacións Unidas, así como as organizacións non gobernamentais pertinentes.


QUE É A AGRICULTURA FAMILIAR

2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar

A agricultura familiar inclúe todas as actividades agrícolas de base familiar e que estean relacionadas con varios ámbitos do desenvolvemento rural. A agricultura familiar é unha forma de clasificar a produción agrícola, forestal, pesqueira, pastoril e acuícola xestionada e operada por unha familia e que depende principalmente da man de obra desta, na que se inclúen tanto mulleres coma homes.

Tanto en países en desenvolvemento coma en países desenvolvidos, a agricultura familiar é a forma predominante na produción de alimentos.

No ámbito nacional hai varios factores clave para o desenvolvemento exitoso da agricultura familiar, como son as condicións agroecolóxicas e as características territoriais, o ámbito normativo, o acceso aos mercados, á terra e aos recursos naturais, á tecnoloxía e aos servizos de extensión, ao financiamento, as condicións demográficas, económicas e socioculturais, ou a dispoñibilidade de educación especializada, entre outros.

A agricultura familiar desempeña un importante papel socioeconómico, ambiental e cultural.

POR QUE É IMPORTANTE A AGRICULTURA FAMILIAR?

  • GARANTE A ALIMENTACIÓN
    O 70% DOS ALIMENTOS NO MUNDO É PRODUCIDO POLOS AGRICULTORES FAMILIARES
    • É clave para loitar contra a fame e a malnutrición.
    • As pequenas explotacións agrarias son a miúdo máis produtivas e sostibles por unidade de terra e enerxía consumida.
  • XERA BENESTAR
    O 40% DOS FOGARES DO MUNDO DEPENDEN DA AGRICULTURA FAMILIAR COMO FORMA DE VIDA
    • Dos 3.000 millóns de habitantes rurais nos países en desenvolvemento, 2.500 millóns pertencen a familias dedicadas á agricultura.
    • Contribúe ademais a estabilizar a poboación en zonas rurais, a preservar os valores culturais históricos e a xerar renda e consumo.
  • COMBATE A POBREZA
    POLO MENOS O DOBRE DE EFICAZ QUE OUTROS SECTORES PRODUTIVOS NA PREVENCIÓN DA POBREZA
    • O crecemento do PIB orixinado na agricultura é polo menos o dobre de eficaz para reducir a pobreza que o crecemento do PIB xerado noutros sectores.
    • O crecemento agrario e rural tamén beneficia os pobres das zonas urbanas, pola abundancia e proximidade dos alimentos.
2014 Ano Internacional da Agricultura Familiar
  • PROTEXE A BIODIVERSIDADE
    ALBERGA UN GRAN POTENCIAL DE CONSERVACIÓN DE VARIEDADES LOCAIS
    • Ao longo da historia, utilizamos unhas 7.000 plantas para suplir as necesidades básicas. Hoxe, non máis de 150 especies son cultivadas comercialmente, das cales 30 constitúen o 90% da achega calorífica á dieta humana e só catro (arroz, trigo, millo e pataca) representan máis da metade desa contribución calorífica.
    • A Agricultura Familiar, ademais de ser fonte de agrodiversidade, pode garantir a súa preservación mediante o emprego de variedades de sementes e razas gandeiras autóctonas ben adaptadas aos diversos ámbitos.
  • CONTA COA MULLER PRODUTORA
    AS MULLERES SUPOÑEN PRETO DA METADE DA MAN DE OBRA AGRÍCOLA NOS PAÍSES EN DESENVOLVEMENTO
    • Na maioría dos casos, a muller cociña e pon a comida na mesa, comercializa os produtos da granxa e ocúpase da saúde da familia. Ela é a primeira educadora dos seus fillos, aos que dá a luz.
    • As mulleres achegan unha proporción considerable da man de obra agrícola nos países en desenvolvemento. A FAO estima esta cifra en 43%, mentres que UNIFEM calcula entre o 60-80 %.
subir