Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

ASISTENCIA SANITARIA E REHABILITADORA

En Fraternidade-Muprespa somos conscientes das repercusións que leva consigo un accidente de traballo, tanto para o propio traballador coma para a súa empresa, e por iso focalizamos todos os nosos esforzos non só en recuperalo da mellor forma posible, senón da forma máis áxil posible.

As claves para conseguir estes resultados residen en:

  • Pronta asistencia ao accidentado (servizo de urxencias 24 horas).
  • Rapidez no diagnóstico e probas complementarias.
  • Fluída comunicación coa empresa para a correcta valoración do accidente sufrido.
  • Historia clínica dixitalizada.
  • Asistencia sanitaria integral, tanto ambulatoria coma hospitalaria e rehabilitadora
  • Supervisión do tratamento e control da duración da lesión.

EEn Fraternidade-Muprespa deseñamos a nosa infraestrutura sanitaria para garantir unha completa asistencia a calquera accidentado. Para iso, contamos con medios propios que nos permiten cubrir dende a primeira cura de urxencias e as probas diagnósticas, ata a intervención cirúrxica e a rehabilitación.

Os nosos centros asistenciais contan con todos os servizos necesarios para a súa atención médica e recuperación:

  • ATENCIÓN SANITARIA
    • Urxencias e sala de curas
    • Servizo de traumatoloxía
    • Sala de escaiolas
    • Radioloxía dixital
    • Servizo de ambulancias
  • REHABILITACIÓN E FISIOTERAPIA
    • Electroterapia
    • Crioterapia
    • Cinesiterapia
    • Ximnasio

Ademais, a rede sanitaria nacional de Fraternidade-Muprespa está asistida por un avanzado sistema informático, que nos permite, de acordo coa normativa vixente, realizar un mellor diagnóstico, ao participar nel os mellores especialistas na materia independentemente da súa situación xeográfica; e reducir os tempos de espera, grazas á dispoñibilidade en calquera centro e momento do historial clínico dixital do paciente.

Rehabilitación e Unidade de Valoración funcional

En Fraternidade-Muprespa, conscientes da importancia que ten a elaboración dun bo plan de rehabilitación do paciente para a súa rápida recuperación, contamos cunha Unidade de valoración funcional, das máis avanzadas do sector de Mutuas, que inclúe os aparatos diagnósticos e rehabilitadores de última tecnoloxía, permitindo reunir unha batería de tests instrumentados para medir obxectivamente o estado funcional das lesións.

Algúns dos test postos en marcha pola Unidade de valoración funcional son:

  • Isocinético funcional de xeonllo
  • Artrometría de translación saxital de xeonllo
  • Proprioceptivoposturográfico de xeonllo
  • De apoio monopodal
  • De chanzo
  • De lunge frontal ou test de paso de esgrima
  • De salto de lonxitude monopodal EMG
  • Isocinético funcional de nocello.
  • Proprioceptivoposturográfico de nocello.
  • Isocinético funcional de Ombro (Manguiño rotador)
  • Análise de mobilidade segmentaria da columna dorso lumbar
  • Isométrico de forza de flexores/extensores lumbares.
  • Isocinético laboral de xeonllo
  • Isocinético laboral de nocello
  • Isocinético laboral de ombro
  • Test de límites de estabilidade
subir