Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

CAIXAS DE PRIMEIROS AUXILIOS

En cumprimento da acción protectora do sistema de Seguridade Social en relación ás disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo (Orde TAS/2947/2007), Fraternidade-Muprespa subministra ás súas empresas mutualistas caixas de primeiros auxilios con material de primeiros auxilios en caso de accidente traballo.

A Orde que fixa a subministración de caixas de primeiros auxilios sinala que:

  • Os lugares de traballo dispoñerán de material para primeiros auxilios en caso de accidente, que deberá ser adecuado, en canto á súa cantidade e características, ao número de traballadores, aos riscos a que estean expostos e ás facilidades de acceso ao centro de asistencia médica máis próximo. O material de primeiros auxilios deberá adaptarse ás atribucións profesionais do persoal habilitado para a súa prestación.
  • A situación ou distribución do material no lugar de traballo e as facilidades para acceder a este e para, no seu caso, desprazalo ao lugar do accidente, deberán garantir que a prestación dos primeiros auxilios poida realizarse coa rapidez que requira o tipo de dano previsible.

  • Todo lugar de traballo deberá dispoñer, como mínimo, dunha caixa de primeiros auxilios portátil que conteña desinfectantes e antisépticos autorizados, gasas estériles, algodón hidrófilo, venda, esparadrapo, apósitos adhesivos, tesoiras, pinzas e luvas desbotables.
  • O material de primeiros auxilios revisarase periodicamente e irase repoñendo tan pronto como caduque ou sexa utilizado.

subir