Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

COMO SE DEBE TRAMITAR A PRESTACIÓN POR COIDADO A MENORES ENFERMOS DE GRAVIDADE?

IMPORTANTE

A solicitude da prestación económica por coidado de menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave pódea solicitar, sempre que cumpra os requisitos, tendo reducido ou non a súa xornada laboral.

Dende Fraternidad-Muprespa recomendámoslle que a solicitude da prestación se realice sempre que sexa posible, previamente a reducir a xornada de traballo para evitar posibles situacións de desprotección do solicitante. Se reduce a xornada de traballo e finalmente non reúne os requisitos para acceder á prestación, perdería o salario correspondente á redución da xornada de traballo que se lle practicase na súa Empresa e non tería dereito a ningunha prestación económica por parte da Seguridade Social.

nota

Nota: esta prestación está incluída dentro da acción protectora do Sistema da Seguridade Social dende 01-01-2011, non sendo aplicable aos funcionarios públicos, que se rexerán polo establecido no art.41.e) da Lei 7/2007 do 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público e normativa que o desenvolva.

TRAMITACIÓN

1. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN

O procedemento para o recoñecemento da prestación por coidado de fillos con cancro ou outra enfermidade grave, iniciarase mediante solicitude da persoa traballadora, dirixida á Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais.

Para iso deberá achegar a seguinte información:

Libro de familia ou certificación da inscrición do fillo ou fillos no Rexistro Civil.

  • Se o seu fillo é adoptado, resolución xudicial pola que se constituíse a adopción.
  • Se o seu fillo está en réxime de acollemento, resolución xudicial ou administrativa pola que se concedese o acollemento familiar.

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE EL SOLICITANTE


  Se é traballador por conta allea

IRPF-Comunicacion de datos (Por criterio de la agencia tributaria, esta prestación está exenta del I.R.P.F)

Descarga

  Se é traballador por conta allea

FED-0089 Certificado de empresa do solicitante.

Descarga

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE O OUTRO PROXENITOR (AGÁS EN FAMILIAS MONOPARENTAIS)

  Se é traballador por conta allea

FED-0091 Certificado de empresa [outro proxenitor ]

Descarga
subir

2. RESOLUCIÓN DA MUTUA

    2.1. Solicitude presentada, sen reducir a xornada de traballo, por coidado de menor afectado de cancro ou outra enfermidade grave.

    Examinada a documentación achegada, a Mutua expedirá un certificado indicando ao solicitante se cumpre ou non as condicións para acceder á prestación.

    En caso de emitirse un certificado favorable, deberá solicitar a redución de xornada acordada.

    Unha vez efectuada a devandita redución comunicarase á Mutua, para que esta emita a correspondente resolución recoñecendo o dereito á prestación económica.

    2.2. Solicitude presentada, despois de reducir a xornada de traballo, por coidado de menor afectado de cancro ou outra enfermidade grave.

    Examinada a documentación achegada, a Mutua emitirá resolución recoñecendo ou denegando o dereito á prestación económica.

subir

3. ABOAMENTO DA PRESTACIÓN RECOÑECIDA

Recoñecida a prestación económica, o pagamento desta efectuarase mensualmente, mentres non se produza ningunha das causas legais de extinción desta e se acredite o mantemento das condicións mediante a documentación requirida para o efecto.

O período inicial de recoñecemento será dun mes, prorrogable a períodos de dous meses cando subsista a necesidade do coidado do menor, debendo acreditarse mediante declaración do facultativo do Servizo Público de Saúde (SPS) ou órgano da Comunidade Autónoma correspondente responsable da asistencia médica do menor.

subir