Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

COMO SE DEBE TRAMITAR A PRESTACIÓN POR RISCO NO EMBARAZO?

TRAMITACIÓN

1. A traballadora debe comunicar ao empresario a súa situación de embarazo, para o cal deberá solicitar ao Servizo Público de Saúde (xinecólogo ou médico de familia), un informe médico [FED-0024-REL02] en que se manifeste a súa situación de embarazo e data probable do parto para os efectos previstos no art. 26 da Lei de prevención de riscos laborais.

2.Unha vez comunicado o seu estado de embarazo ao empresario, se o posto de traballo supuxese un risco para a nova situación da traballadora, este deberá adoptar as medidas preventivas necesarias ou, se é o caso, o cambio de posto de traballo.

Cando a adaptación de condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións do posto de traballo puidesen seguir influíndo negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto, a traballadora deberá solicitar á Mutua un certificado médico de risco, para o cal presentará a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude da prestación por risco durante o embarazo [FED-0033-REL01]
  • Fotocopia do DNI (por ambas as dúas caras)
  • Impreso para os efectos do IRPF (modelo 145 da Axencia Tributaria) [FM-FORM-3.0]
  • Informe médico Servizo Público Saúde que acredite a situación de embarazo e a data probable de parto [1] [FED-0024-REL02]
  • Declaración empresarial de situación de risco [FED-0031-REL03]
  • Avaliación do posto de traballo ("Disposición adicional segunda do RD 295/2009, do 6 de marzo e art. 16.2 da Lei de prevención de riscos laborais")

3. Recibida a solicitude, a traballadora pasará a consulta cun facultativo da Mutua, quen emitirá un certificado médico recoñecendo ou desestimando a situación de risco.

4. Se o médico da mutua considerase que existe risco para o embarazo, a partir dese momento o empresario poderá suspender o contrato de traballo e a traballadora solicitar a prestación por risco durante o embarazo achegando a seguinte documentación adicional.

Traballadora por conta allea:

5. Recibida a documentación e cumpríndose os requisitos de acceso á prestación, a Mutua emitirá unha resolución concedendo a prestación por risco durante o embarazo e procedendo ao seu pagamento mensual mentres non se produza ningunha das causas legais de extinción desta.

Co fin de mellorar o servizo que a mutua Fraternidad-Muprespa (Mutua Colaboradora coa Seguridade Social) presta aos seus asociados, puxemos á súa disposición este contido informativo sobre a documentación necesaria que vostedes necesitan para axilizar a tramitación das súas solicitudes de Pagamento Directo.

[1] Se o informe médico do SPS non fose realizado no modelo oficial da Mutua, deberanse presentar adicionalmente todos os informes médicos e seguimentos xinecolóxicos que permitan acreditar que non existiu nin existe ningunha complicación inherente ao propio embarazo.

[2] Estes documentos tamén deberán ser presentados polos traballadores por conta allea obrigados ao ingreso das súas cotas.

subir

DESCARGAS

Modelo FED-0033-REL01

Modelo FED-0024-REL02

Modelo FED-0031-REL03

Modelo FED-0032-CEBC01

Modelo 145 FM-FORM-3.0

subir