Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

COMO SE DEBE TRAMITAR O CESAMENTO DE ACTIVIDADE?

SOLICITUDE E NACEMENTO

Os autónomos que pasen a situación legal de cesamento de actividade e pretendan o recoñecemento da protección CATA deberán solicitalo ante a súa Mutua ata o último día do mes seguinte ao que se produciu o cesamento de actividade.

O recoñecemento da protección CATA dará dereito ao gozo da prestación CATAcotización CATA, a partir do primeiro día do mes inmediatamente seguinte a aquel en que se produciu o cesamento de actividade, sempre que a solicitude fose presentada en tempo e forma.

Excepción: cando se pretenda continuar un dereito previamente suspendido, o prazo de presentación de solicitude será de 15 días hábiles a partir da data de finalización do motivo da suspensión e o seu recoñecemento dará dereito ao gozo da protección CATA a partir do primeiro día do mes seguinte ao da solicitude de continuación

En caso de presentar a solicitude unha vez transcorrido o prazo fixado, e sempre que o autónomo cumpra co resto de requisitos legalmente previstos, o gozo da protección CATA nacerá a partir do mesmo día de presentación da solicitude e descontaranse do período de percepción da prestación CATAcotización CATA os días que transcorresen entre o día en que rematou o prazo e o día no que se presentou a solicitude.

A solicitude deberá realizarse ante a Mutua cubrindo o seguinte formulario, vir acompañada da seguinte declaración xurada e de toda aquela documentación que sexa necesaria.

subir