Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

¿COMO SE PODE ASOCIAR CON FM UNHA EMPRESA ASOCIADA AO INSS?

Os pasos que deberá seguir son:

1. Solicitar a baixa á entidade onde teña cubertas as continxencias (INSS), polo menos cun mes de antelación á data de vencemento da proposición de asociación, por medio de:

  • Carta de solicitude de baixa. [1]

2. Encher o documento de Proposición de asociación con Fraternidad-Muprespa. [2]

3. Entregar na Tesourería Xeral da Seguridade Social:

  • Proposición de Asociación con Fraternidad-Muprespa.

Unha vez realizado o trámite, o efecto do cambio será a partir do día primeiro do mes seguinte ao que se produciu o cesamento.

OBSERVACIÓNS: As Empresas que antes do 1 de xuño de 1990 estaban afectadas polo disposto no art. 204 da Lei de bases da Seguridade Social, é dicir, as empresas que teñen algunha Concesión Administrativa por parte do Estado, e que actualmente poden cubrir o risco de Accidentes de Traballo e Enfermidades profesionais cunha Mutua (antes estaban obrigadas a cubrir estas continxencias co INSS), poden solicitar a baixa ao devandito Organismo en calquera data do ano, ao non ser necesario solicitala á data de vencemento (o efecto con Fraternidad-Muprespa sería do día primeiro do segundo mes seguinte a aquel no que se solicite o cesamento).

[1] Carta de solicitude de baixa

DescargaDescargar

[2] Proposición de asociación con Fraternidad-Muprespa

DescargaDescargar

¿Como cubrir tamén as Continxencias Comúns?

En caso de querer exercitar a opción da prestación económica de Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns coa Mutua deberá:

1. Encher o correspondente Anexo de proposición de asociación para cubrir esta continxencia. [3]

2. Entregar esta solicitude a Fraternidad-Muprespa para tramitala.

[3] Anexo de proposición de asociación

DescargaDescargar

¿A súa empresa encóntrase nalgunha destas outras situacións?

subir