Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

CONVENIO DE COOPERACIÓN EN MATERIA DE ASISTENCIA SANITARIA ENTRE MUTUAS

FRATERNIDAD-MUPRESPA E ASEPEYO

A Mutua Fraternidad-Muprespa e Asepeyo subscribiron un acordo de colaboración que ten como obxectivo >ofrecer unha mellor cobertura sanitaria aos traballadores das máis de 644.000 empresas asociadas a ambas as dúas mutuas.

logo de Asepeyo

Este convenio, aprobado o pasado 6 de xullo polo Ministerio de Traballo e Inmigración, permitirá priorizar a dispensa sanitaria cos medios propios dos que dispoñen as dúas entidades, optimizando a xestión de recursos públicos mediante a posta en común de medios e servizos

Os traballadores afiliados ás dúas mutuas, máis de 3.800.000, poderán beneficiarse da prestación sanitaria que ofrecen as dúas entidades, baseándose fundamentalmente en razóns de proximidade. Este feito supoñerá achegar a actividade asistencial ao usuario final para lograr a súa plena recuperación, ofrecéndolle un servizo máis eficaz, así como reducir os custos sanitarios derivados da sinistralidade laboral.

A implantación deste convenio farase de forma paulatina e repercutirá en toda a rede asistencial de ambas as dúas mutuas, que se estende a nivel nacional. As dúas entidades suman 276 instalacións, entre centros asistenciais, hospitais e centros de rehabilitación e poñerán a disposición dos seus traballadores afiliados todos os seus medios asistenciais: a asistencia hospitalaria, ambulatoria e recuperadora para a prestación médica por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Este concerto segue a vontade do Ministerio de Traballo e Inmigración, quen solicita ás mutuas que prioricen a dispensa da  asistencia sanitaria con medios propios ou a través de concertos con outras mutuas.

FRATERNIDAD-MUPRESPA E MUTUA UNIVERSAL

A Mutua Fraternidad-Muprespa e Mutua Universal asinaron un acordo, aprobado polo MTIN o 7 de febreiro,

logo de Mutua Universal

para a utilización de centros asistenciais alí onde Fraternidad-Muprespa non dispoña de centro asistencial propio.

Deste xeito os traballadores asociados a ambas as dúas mutuas, en caso de sufrir un accidente laboral, poderán acudir tanto aos nosos centros asistenciais coma aos centros da Mutua Universal referidos todos en: http://www.fraternidad.com/centros.

Os trámites que sexan necesarios manter coa empresa do traballador accidentado serán sempre realizados pola mutua coa que a empresa estea asociada. Este convenio entrará en vigor con data 1 de marzo de 2011.

Seguimos traballando así na liña de optimizar os recursos propios das Mutuas mediante acordos de colaboración para a dispensa da asistencia sanitaria.

FRATERNIDAD-MUPRESPA E MUTUA CESMA

Fraternidad-Muprespa e Asepeyo subscribiron un concerto de colaboración de asistencia sanitaria coa Mutua Cesma,

logo Cesma

co obxectivo de ofrecer unha mellor cobertura sanitaria aos traballadores das empresas asociadas a ambas as dúas mutuas en Ceuta.

Este concerto, subscrito polas tres Mutuas e autorizado polo Ministerio de Traballo e Inmigración, permite a dispensa sanitaria dos traballadores afiliados a Fraternidad-Muprespa e Asepeyo, cos medios propios dos que dispón Mutua Cesma na cidade de Ceuta.

O centro asistencial a onde poden acudir os traballadores afiliados a estas mutuas é:

  • Centro asistencial de CESMA en Ceuta
    Avda. Nuestra Sra. De Otero, s/n.

    Teléfono: 956 522 944
    Horario: 8 a 20

FRATERNIDAD-MUPRESPA e IBERMUTUAMUR

Fraternidad-Muprespa e Ibermutuamur asinaron convenio de cooperación en materia de asistencia sanitaria

logo de Ibermutuamur

para a recíproca prestación, en determinadas instalacións propias de ambas as dúas entidades, aos traballadores protexidos por continxencias profesionais das citadas mutuas.

En virtude do acordo asinado, os traballadores asegurados con Fraternidad-Muprespa poderán ser atendidos nos centros de Ibermutuamur recollidos na nosa aplicación Rede de centros http://www.fraternidad.com/centros.

subir