Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

PACTO MUNDIAL DAS NACIÓNS UNIDAS

En Fraternidad-Muprespa, ampliando o alcance da RSC, unímonos ao Pacto Mundial das Nacións Unidas en agosto de 2014. A adhesión ao Pacto Mundial foi unha iniciativa voluntaria de compromiso ético, destinada a acoller, como unha parte integral da nosa estratexia e operacións, principios de conduta e acción en materia de dereitos humanos e laborais, dereitos medioambientais (establecer políticas de aforro de auga, enerxía, papel, control de residuos, etc.) e loita contra a corrupción (promoción da transparencia financeira, rexeitamento do suborno, malversación, favoritismos, etc.)

En esencia, a adhesión ao pacto constitúe a nosa resposta e compromiso coas necesidades dun mundo en transformación, baseado en 10 principios básicos en declaracións e convencións universais:

Dereitos humanos

  • Fraternidad-Muprespa a favor dos dereitos humanos
  • Vulneración dos dereitos humanos
  • Fraternidad-Muprespa e a liberdade de asociación
  • Fraternidad-Muprespa contra o traballo forzoso e coacción
  • Erradicación do traballo infantil

Dereitos laborais

  • Apoio á abolición das prácticas de discriminación no emprego e a ocupación

Dereitos medioambientais

  • Fraternidad-Muprespa a favor do medio ambiente
  • Iniciativas para respectar e fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental
  • Difusión de tecnoloxías ecolóxicas

Loita contra a corrupción

  • Fraternidad-Muprespa contra a corrupción, a extorsión e o suborno

Descarga

Informe de Progreso Pacto Mundial 2014
subir