Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

Prestacións especiais

As prestacións especiais son axudas económicas, a fondo perdido, destinadas a completar as prestacións regulamentarias que a Seguridade Social dispón para os traballadores que sufriron un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional e que, polas súas circunstancias persoais, económicas ou familiares se encontren nunha maior situación de necesidade (en caso de falecemento do traballador, estas axudas estenderanse ao cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes por consanguinidade ou afinidade).

As axudas económicas que, a título de exemplo, poden solicitarse son as seguintes:

  • Gastos do acompañante de lesionados hospitalizados.
  • Adaptación da vivenda en caso de invalidez.
  • Adaptación do vehículo en caso de invalidez.
  • Cursos de formación e readaptación laboral.
  • Axuda de gardaría ou estudos para fillos.
  • Asistencia domiciliaria ao lesionado.
  • Gastos de repatriación en caso de falecemento.

Fraternidad-Muprespa dispón dun presuposto anual para satisfacer as solicitudes de prestacións especiais que se reciban.

As solicitudes de axuda serán avaliadas e resoltas pola Comisión de Prestacións Especiais, que é un órgano paritario con representación dos empresarios asociados e dos traballadores protexidos e vinculados ás centrais sindicais de maior representatividade.

As prestacións especiais poderán ser solicitadas polo propio traballador, os familiares, os representantes dos traballadores da empresa ou pola propia empresa a través do seguinte formulario.[FED-0054]

Descarga

FED-0054 Formulario de solicitude de Prestacións Especiais
subir