Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

¿QUE É UN BOSQUE?

"O 20 de decembro de 2006, a Asemblea Xeral, na súa resolución 61/193, declarou 2011 Ano Internacional dos Bosques e invitou os gobernos, o sistema das Nacións Unidas, as organizacións non-gobernamentais competentes, o sector privado e outros axentes a que fixesen esforzos concertados para crear máis conciencia en todos os niveis para fortalecer a ordenación sostible, a conservación e a explotación sostible de todos os tipos de bosques en beneficio das xeracións presentes e futuras. "
Fotografía dun bosque

Bosque.

(De or. inc.).

1. m. Sitio poboado de árbores e matas.

2. m. Abundancia desordenada de algo, confusión, cuestión intricada.

Ampliando o concepto, pode dicirse que "bosque é toda aquela superficie de terra onde se achan crecendo asociacións vexetais, predominando árbores de diferentes tamaños que foron explotados ou non, capaces de producir madeira ou outros produtos; inflúen no clima e no réxime hidrolóxico e ademais brindan protección á vida silvestre".

"Un bosque (da palabra xermánica busch: arbusto e por extensión monte de árbores) é unha área cunha alta densidade de árbores".

"Comunidades de plantas que cobren grandes áreas do globo terráqueo e funcionan como hábitats animais, moduladores de fluxos hidrolóxicos e conservadores do solo, constituíndo un dos aspectos máis importantes da biosfera da Terra".

Os bosques poden clasificarse de diferentes maneiras, e en diferentes graos de especificación. Unha forma, é determinar o ecosistema no que existen, xunto coa lonxevidade das follas da maioría das árbores (sexa de follas perennes ou caducas). Outra é a clasificación que se establece pola composición predominante dos bosques, de tipo de folla ancha, coníferas (piñeiros), ou ambos os dous dando pé a:

  • Os Bosques Boreais: ocupan a zona subártica, e son polo xeral de árbores con follas perennes (coníferas).
  • Os Bosques das Zonas Temperadas: neles encóntranse bosques caducifolios de folla ancha, e bosques perennifolios coníferos. Nas zonas temperadas cálidas hai árbores perennifolios de follas anchas, como o bosque mediterráneo e a laurisilva (bosque de loureiro).
  • Os Bosques tropicais e subtropicais (ou Ribeiráns): inclúen os bosques tropicais e subtropicais húmidos, os bosques tropicais e subtropicais secos e os bosques tropicais e subtropicais de coníferas.

Durante o presente ano 2011 tomarán protagonismo no noso portal Web distintas especies de árbore, ás cales queremos prestar especial atención dende Fraternidad Muprespa pola súa proximidade xeográfica, pola súa singularidade ou pola súa representatividade, clasificadas polo tipo de bosque ao que pertencen e incluíndo a súa nomenclatura binomial e a zona xeográfica na que se encontra.

No presente período, xaneiro a abril de 2011, centrarémonos nos Bosques Boreais.


LISTAXE (BOSQUES TEMPERADOS)
Mapa da zona dos bosques temperados

Os bosques temperados son típicos nunha ampla zona do Norte e centro do continente europeo, o oeste de Rusia e a rexión oriental de Asia (en especial, China e Xapón) e América do Norte. No hemisferio sur só está representado en estreitas franxas do sur de América, Nova Zelandia e Australia. Tamén se encontran de xeito marxinal nas zonas baixas das rexións montañosas de latitudes cálidas.

Os bosques temperados divídense en dous grupos: bosques de coníferas e bosques de caducifolias. As especies que forman o bosque de coníferas son piñeiros, abetos, cipreses, bidueiros. Os bosques de caducifolias, pola súa banda, están formados por carballos, castiñeiros, tileiros, pradairos, olmos, abeleiras, cerdeiras ou faias.

Un bosque de coníferas, ou bosque frío, é unha área boscosa constituída por coníferas e asociada con climas fríos. Nel abundan árbores moi altas, como piñeiros e abetos, que son cubertos pola neve durante a época invernal. Os bosques de coníferas son unha fonte moi importante de madeira e celulosa, e a súa fauna inclúe especies con grosa pelaxe, que lles permite soportar as baixas temperaturas, coma osos, lobos e armiños.

Nos bosques de caducifolias, as follas anchas e delgadas das anxiospermas arbóreas crecen rapidamente, interceptan eficientemente os fotóns e proporcionan uns órganos fotosintetizadores efectivos durante os veráns cálidos e húmidos desta zona. Así e todo, estas serían prexudiciais durante o letargo invernal das árbores, permitindo a perda de auga e posible dano polo frío mentres non estean fotosintetizando; por iso, as árbores se desprenden delas nese momento.

2011 Ano internacional dos bosques

Clima e solo

O clima nas zonas temperadas é moi variable, coas catro estacións do ano ben marcadas e alternancia de chuvias, períodos secos, tormentas, etc. As precipitacións distribúense durante todo o ano, e varían entre 500 e 1000 mm ao ano. A neve é común na parte norte da zona, pero diminúe de forma considerable no extremo sur.

A densa cuberta vexetal e veráns cálidos e húmidos permite o desenvolvemento máximo de materiais orgánicos que forman unha ben desenvolvida capa de humus, xeralmente en solos con limo. A superficie é de cor marrón escura e lixeiramente ácida, con máis capas avermelladas debaixo, resultantes da acumulación de óxidos de ferro. Este é un solo rico e fértil.

2011 Ano internacional dos bosques

Fauna

A fauna é rica e variada: aves, roedores, cervos, xabarís e osos, entre outros, no hemisferio norte, e especies en xeral menores que ocupan nichos ecolóxicos equivalentes, no sur. Os herbívoros consumen herbas, froitos e bagas, e serven de alimento aos predadores.

Un dato importante é que esta fauna presenta moitos tipos de adaptacións estacionais. Unha alta proporción das aves e moitos morcegos migran cara ao sur durante o inverno, mentres que os restantes morcegos e algúns outros mamíferos hibernan durante este período de pouco alimento e condicións climáticas adversas. O almacenamento de alimentos é posible porque é doado almacenalos grazas á baixa temperatura, e esta adaptación é importante para algunhas grallas e esquíos que se especializan en árbores que producen moito só nalgúns anos, coma os carballos e as faias. As cigarras posúen uns sorprendentes ciclos sincronizados de emerxencia, o cal lles permite saturar as poboacións de depredadores.


Carballo (Quercus robur)

Cedro (Juniperus oxycedrus)

Ciprés (Cupressus sempervirens)

Abeto (Abies)

Faia (Fagus sylvatica)

Xenebreiro (Juniperus communis)

Cerdeira (Cerasus)

Piñeiro (Pinus pinea)

Abeleira (Corylus avellana)

Sequoia (Sequoia sempervirens)

Teixo (Taxus baccata)

Castiñeiro (Castanea sativa)

Tileiro (Tilia alba)

Pradairo (Acer rubrum)

Olmo (Ulmus glabra)
subir