Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

TARIFA PARA A COTIZACIÓN POR ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS

A partir do 1 de xaneiro de 2007, coa entrada en vigor da Lei 42/2006 do 28 de decembro, cambiouse o sistema de cotización das empresas á Seguridade Social creando unha nova tarifa de primas para a cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Con efectos da 1 de xaneiro de 2013 e vixencia indefinida, a Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2013 que actualiza as anteriores tarifas (Lei 26/2009) segundo se reflicten nas seguintes táboas:

Os criterios que determinan o tipo de cotización que aplica ao traballador por conta propia ou autónomo, segundo fixa a Lei 26/2009 de orzamentos xerais do Estado para o 2.010, son:

  • Tomar como referencia o previsto no Cadro I, en razón da actividade económica principal desenvolvida pola empresa
  • Cando na empresa concorran, xunto coa actividade principal, outra ou outras que deban ser consideradas auxiliares respecto daquela, o tipo de cotización será o establecido para a devandita actividade principal.
  • Cando a actividade principal da empresa concorra con outra que implique a produción de bens ou servizos que non se integren no proceso produtivo da primeira, dispoñendo de medios de produción diferentes, o tipo de cotización aplicable con respecto aos traballadores ocupados neste, será o previsto para a actividade económica en que esta quede encadrada.

No seguinte cadro móstranse as variacións entre as tarifas 2013 e 2014:

TARIFA POR CESAMENTO DE ACTIVIDADE

No ano 2015, o tipo de cotización correspondente á protección por cesamento de actividade é do 2,20%, aplicable á base de cotización do autónomo. Os traballadores autónomos acollidos ao sistema de protección por cesamento na actividade terán unha redución de 0,5 puntos porcentuais na cotización pola cobertura de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns.

En calquera caso, o tipo de cotización correspondente á protección por cesamento de actividade fixarase anualmente na Lei de presupostos xerais do Estado.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

subir