---
title: "Día Mundial da Calidade: Liderar para cambiar o mundo"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2026-07-20"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/dia-mundial-da-calidade-liderar-para-cambiar-o-mundo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/dia-mundial-de-la-calidad-liderar-para-cambiar-el-mundo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/dia-mundial-de-la-qualitat-liderar-per-canviar-el-mon"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/kalitatearen-mundu-eguna-eraman-mundua-aldatzera"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/dia-mundial-da-calidade-liderar-para-cambiar-o-mundo"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/world-quality-day-lead-to-change-the-world"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/shijiezhiliangri-yinlinggaibianshijie"
---

 ![Día Mundial da Calidade: Liderar para cambiar o mundo](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/2017-11/adobestock_110896051banner_2.jpg?itok=kLHXzoTY)

 

# Día Mundial da Calidade: Liderar para cambiar o mundo



07/11/2017

Novedades

Baixo o lema "Liderar en tempos de cambio"  O vindeiro 9 de novembro celebrarase o día mundial da calidade.  
  
O Día Mundial da Calidade créase para concienciar sobre a contribución esencial que a calidade fai ao crecemento das persoas (a nivel individual) e das organizacións ou entidades (a nivel colectivo). A mellor forma de difundir e celebrar este día é compartindo os nosos pensamentos, reflexións e ideas con outras persoas ou organizacións que sumen e promovan a procura dunha conciencia máis global.  
  
Como individuos temos a excelente oportunidade de influír e motivar o noso entorno máis próximo, familia, amigos, compañeiros de traballo, observando o impacto que a calidade representa nas súas vidas. Como organización temos a obriga de mellorar a reputación da calidade como función estratéxica entre os nosos clientes e grupos de interese.

"A calidade non é o que ocorre cando o que fas coincide coas túas intencións. É o que ocorre cando o que fas coincide coas expectativas dos teus clientes". John Guaspari (escritor e consultor)

Como nos advirten dende o AEC (Asociación Española para la Calidad), a innovación, a internacionalización, a transformación dixital, a economía circular, son facetas dunha revolución que esixe un novo liderado que impulse á súa vez a economía colaborativa, o emprendemento e a transformación cultural.

É un excelente momento para lembrar que cada un de nós, independentemente do contexto no que nos atopemos, ten potencial suficiente para promover e defender, con accións individuais, cambios positivos na sociedade e na xestión global da calidade. Ti tamén es un líder!  
  
Queremos celebrar este día con vós e para [iso](/gl-ES/iso) animámosvos a participar nunha sinxela enquisa que vos preparamos e á que podedes acceder a través da seguinte ligazón:

[https://www.Fraternidad.com/es-ES/encuesta/2017-dia-mundial-calidad](https://www.fraternidad.com/es-ES/encuesta/2017-dia-mundial-calidad)