Mutua Fraternidad-Muprespa

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

Xornada informativa sobre a Reforma do Sistema de Pensións e a Incapacidade Temporal, unha Reforma Aberta

Organizan:  Fraternidad Muprespa - Dirección Provincial de Sevilla.

Información Xeral

A mutua Fraternidad Muprespa, no ánimo de buscar a excelencia na relación cos colaboradores e empresas asociadas, estableceu varios mecanismos de comunicación encamiñados a optimizar os recursos dos que dispoñemos e poñelos ao seu servizo.

Neste marco de colaboración, propoñémoslles participar activa e presencialmente a través das Xornadas que regularmente levamos a cabo, e neste caso contando coa colaboración de AEDIPE (Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas).

Por iso, comprácenos invitalo á Xornada sobre "A Reforma do Sistema de Pensións", "A Incapacidade Temporal, unha Reforma Aberta" e "A Reforma da Negociación Colectiva". Os relatorios correrán a cargo de D. Camilo Hernández León, Director Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) de Sevilla, D. José Mª de Ancos Benavente, Subdirector Xeral de Xestión de Fraternidad Muprespa e D. Julio Santos Palacios, Director de Relacións coa Rede de Fraternidad Muprespa.

A apertura da xornada correrá a cargo de Lola Jariego Oyola, directora provincial de Fraternidad Muprespa en Sevilla e dará clausura ao acto Manuel Luque Berlanga, director territorial de Fraternidad Muprespa en Andalucía.

Enderezo

Data

Data: Martes, 21 xuño 2011
Apertura: 10:00
Duración: 2 horas

Participan

INSS
AEDIPE
Fraternidad Muprespa
subir