---
title: "Éxito na I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2026-07-20"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/exito-na-i-marcha-pola-prevencion-de-fraternidad-muprespa-ferrol"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/exito-en-la-i-marcha-por-la-prevencion-de-fraternidad-muprespa-ferrol"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/exit-a-la-i-marxa-per-la-prevencio-de-fraternidad-muprespa-ferrol"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/arrakasta-fraternidad-muprespa-ferrolen-prebentziorako-i-martxan"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/exito-na-i-marcha-pola-prevencion-de-fraternidad-muprespa-ferrol"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/success-in-the-i-march-for-the-prevention-of-fraternidad-muprespa-ferrol"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/fraternidad-muprespa-ferrol-fangzhidiyiyouxingqudeyuanmanchenggong"
---

 ![I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/2017-04/portada-noticia.jpg?itok=N9vXUeoS)

 

# Éxito na I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol



25/04/2017

Semana de la prevención

Na mañá do domingo 23 de abril de 2017 tivo lugar a I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol. Celebrouse o Parque Natural das Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa que segue o curso do río Eume.

A Ruta Circular de Sendeirismo, de aproximadamente 7 km de lonxitude, discorre dende a Central de Ventureira, en Capela, chegando ao Mosteiro de Caaveiro e subindo de novo á central pola beira do río Eume.

No acto asistiron traballadores de diversas empresas asociadas á Mutua así como colaboradores, familiares e amigos, aos que dende a Delegación da Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa de Ferrol queremos agradecerlles a súa participación.

Esta actividade está integrada entre os diferentes actos que a Mutua realizará no Semana da Prevención, con motivo da conmemoración de Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo.

Baixo o lema "O obxectivo é a túa saúde", esperamos mobilizar ao maior número de participantes que compartan a nosa convicción de que todas as lesións e enfermidades derivadas do traballo son evitables.



 

 ![Imaxes da I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol (IV)](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/IMG-20170424-WA0000.jpg?itok=87_rONm2)

 ![Imaxes da I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol (III)](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/DSC_0473.JPG?itok=p7sekIsX)

 ![Imaxes da I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol (I)](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/DSC_0446.JPG?itok=p3igiYAq)

 ![Imaxes da I Marcha pola Prevención de Fraternidad-Muprespa Ferrol (II)](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/DSC_0449.JPG?itok=E_-4Y_DX)