---
title: "Fraternidad-Muprespa e CAEB Ibiza axudan a evitar o dano do ruído no ambiente de traballo"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/fraternidad-muprespa-e-caeb-ibiza-axudan-a-evitar-o-dano-do-ruido-no-ambiente-de-traballo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-y-caeb-ibiza-ayudan-prevenir-los-perjuicios-del-ruido-en-el-entorno"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/fraternidad-muprespa-i-caeb-eivissa-ajuden-a-prevenir-els-perjudicis-del-soroll-a-l-entorn-laboral"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/fraternidad-muprespa-eta-caeb-ibiza-lan-ingurunean-zarata-kalteak-saihesten-laguntzen-dute"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/fraternidad-muprespa-e-caeb-ibiza-axudan-a-evitar-o-dano-do-ruido-no-ambiente-de-traballo"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/fraternidad-muprespa-and-caeb-ibiza-help-prevent-the-damage-of-noise-in-the-work-environment"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/fraternidad-muprespa-he-caeb-ibiza-youzhuyufangzhigongzuohuanjingzhongzaoyindesunhai"
---

 ![Fraternidad-Muprespa e CAEB Ibiza axudan a evitar o dano do ruído no ambiente de traballo](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/2017-04/Fraternidad_137135824.jpg?itok=fGjkB48h)

 

# Fraternidad-Muprespa e CAEB Ibiza axudan a evitar o dano do ruído no ambiente de traballo



04/04/2017

Novedades

Fraternidad-Muprespa celebrou o pasado 31 de marzo en Eivissa unha xornada organizada pola Confederación de Asociaciones Empresariales de Baleares (CAEB), co título:“Ruído no ambiente de traballo: enfoque integral”.

A presentación da xornada correu a cargo de Joan Bufi, vicepresidente de Eivissa e Formentera de (CAEB), quen agradeceu a colaboración das entidades participantes así como a asistencia dos presentes.

Foi inaugurado por Mónica Castelo, técnico de prevención da Dirección Xeral de Traballo, Economía Social e [Saúde Laboral](/gl-ES/saude-laboral) do Goberno de Baleares, quen destacou o alcance que xera a problemática do ruído nos lugares de traballo.

O doutor Eugenio Díaz Expósito, vicecoordinador de asistencia territorial da DT Nordeste de Fraternidad-Muprespa, que comezou o primeiro bloque da xornada coa presentación “Xestión sanitaria da enfermidade profesional en Fraternidad-Muprespa”.  Describíronse os efectos do ruído nos traballadores, as enfermidades profesionais asociadas e as actuacións da Mutua unha vez que se inicia a sospeita dunha [enfermidade profesional](/gl-ES/enfermidade-profesional).

Despois interveu Rafael Reyes Moreno, técnico de prevención en Fraternidad-Muprespa, que centrou a súa intervención en "Avaliación de riscos e medidas de prevención e protección. Casos prácticos: Sector hostalería, lecer e música, obradoiros e industria, call centers e outras actividades" que desglosou a avaliación do ruído desde o punto de vista ergonómico e hixiénico (detalando os diferentes métodos de medición do ruído), destacou a importancia de planificar medidas preventivas en relación a este axente físico, para rematar expoñendo estas medidas preventivas en función de se a actuación se realiza sobre a orixe do ruído, o medio de propagación ou o traballador exposto. Tamén mencionou o efecto aditivo dos compostos ototóxicos e o descoñecemento actual sobre o mesmo.

Para rematar a xornada abriuse unha sesión de preguntas e respostas que permitiu aclarar algunhas dúbidas xurdidas durante os relatorios.



 

 ![Fraternidad-Muprespa e CAEB Ibiza axudan a evitar o dano do ruído no ambiente de traballo](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/IMG-20170403-WA0003.jpg?itok=hKQJyo5V)