---
title: "Fraternidad-Muprespa E O SPFM CELEBRARON UNHA XORNADA INFORMATIVA EN VALDELACALZADA (BADAJOZ)"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2026-07-20"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/fraternidad-muprespa-e-o-spfm-celebraron-unha-xornada-informativa-en-valdelacalzada-badajoz"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-y-la-spfm-han-celebrado-una-jornada-informativa-en-valdelacalzada"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/fraternidad-muprespa-i-la-spfm-han-celebrat-una-jornada-informativa-a-valdelacalcada-badajoz"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/fraternidad-muprespa-eta-spfmk-informazio-eguna-egin-dute-valdelacalzadan-badajoz"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/fraternidad-muprespa-e-o-spfm-celebraron-unha-xornada-informativa-en-valdelacalzada-badajoz"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/fraternidad-muprespa-and-the-spfm-have-held-an-information-day-in-valdelacalzada-badajoz"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/fraternidad-muprespa-he-spfm-zai-valdelacalzada-badahuosi-juxinglexinxirihuodong"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa E O SPFM CELEBRARON UNHA XORNADA INFORMATIVA EN VALDELACALZADA (BADAJOZ)



06/05/2013

Novedades

A mutua Fraternidad-Muprespa xunto coa participación do SPFM, organizaron o día 2 de maio unha xornada informativa, dirixida a todos os traballadores da [Sociedade Cooperativa](/gl-ES/sociedade-cooperativa) Agraria Explum de Valdelacalzada (Badajoz).

A presentación da conferencia correu a cargo de D. José Aurelio Garcia, Director Xerente da Cooperativa. A xornada continuou despois coas intervencións de D. José Gallego Gonzalez, Director Provincial de Badaxoz e D. Antonio Fernández de la Concha, Xerente integral. Ambos presentaron os servizos que a nosa entidade presta a empresas e autónomos.

D. Antonio Jesús Navarro, Delegado Provincial do SPFM, explicou polo miúdo os servizos de prevención de riscos laborais e as responsabilidades dos empresarios neste eido.

O acto contou coa presenza de numerosos empresarios da zona, que finalmente participaron nun animado debate que xurdiu tras as presentacións dos relatores.

   
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"

 

 ![](/sites/default/files/styles/400x400/public/2016-12/mutua-noticia-jornada-Badajoz-06052013-fraternidad-muprespa_6.png?itok=3olaCDAN)