---
title: "Fraternidad-Muprespa, REALIZOU UNHA XORNADA EN ALACANTE"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2026-07-20"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/fraternidad-muprespa-realizou-unha-xornada-en-alacante"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/fraternidad-muprespa-ha-celebrado-en-alicante-un-taller-de-espalda"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/fraternidad-muprespa-ha-celebrat-a-alacant-un-taller-d-esquena"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/fraternidad-muprespa-atzekozko-tailerra-eman-du-alicanten"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/fraternidad-muprespa-realizou-unha-xornada-en-alacante"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/fraternidad-muprespa-has-held-a-back-workshop-in-alicante"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/fraternidad-muprespa-zaialikantejubanleyichanghoutaiyantaohui"
---

 ![Imagen Noticias](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/default_images/AdobeStock_71587395.jpg?itok=mOsqCscy)

 

# Fraternidad-Muprespa, REALIZOU UNHA XORNADA EN ALACANTE



04/03/2016

Recensión de xornada

O 3 de marzo, a Mutua Colaboradora coa [Seguridade Social](/gl-ES/seguridade-social) Fraternidad-Muprespa de Alacante, realizou un obradoiro de “Back School” nas instalacións cedidas pola empresa INAER, dirixido aos traballadores afiliados á Mutua.

D. Víctor José Saz Sánchez, Director Provincial de Fraternidad-Muprespa en Alacante, abriu a xornada agradecendo a asistencia de todos os presentes e presentou o obradoiro.  
   
Despois interveu D. Ignacio Álvarez Rodríguez, Responsable de Prevención de Riscos Laborais do INAER, quen destacou a importancia destes obradoiros.  
   
 D. José Vicente Sastre Pinto, Fisioterapeuta da Dirección Provincial de Alacante ,  Impartiu o obradoiro de costas, composto por unha parte teórica e outra práctica. Desenvolveu unha serie de exercicios para adquirir hábitos posturais saudables, previr problemas ou outras lesións, corrixir e fortalecer a nosa columna a partir de movementos e esforzos repetitivos ou malas posturas, que son os principais factores de risco para a aparición de lesións nas costas.

Fraternidad-Muprespa continúa coa súa aposta pola formación, a transparencia e a colaboración con diferentes organizacións e entidades.

   
"A súa mutua - Calidade e servizo, os 365 días do ano"

 

 ![](/sites/default/files/styles/400x400/public/2016-12/mutua-Fraternidad-Muprespa-jornada-alicante-INAER_6.jpg?itok=k0Ub9IC0)