---
title: "II Marcha pola prevención en Lugo"
lang: "gl"
type: "noticia"
updated: "2021-03-26"
url: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/ii-marcha-pola-prevencion-en-lugo"
translations:
  es: "https://www.fraternidad.com/es-ES/noticias/ii-marcha-por-la-prevencion-en-lugo"
  ca: "https://www.fraternidad.com/ca-ES/ii-marxa-per-la-prevencio-a-lugo"
  eu: "https://www.fraternidad.com/eu-ES/lugon-prebentziorako-ii"
  gl: "https://www.fraternidad.com/gl-ES/ii-marcha-pola-prevencion-en-lugo"
  en: "https://www.fraternidad.com/en/ii-march-for-prevention-in-lugo"
  zh-hans: "https://www.fraternidad.com/cn/diercilugeyufangyouxing"
---

 ![II Marcha pola prevención en Lugo](/sites/default/files/styles/style_1920x400/public/2017-04/DSCN0150.JPG?itok=kXhfLucI)

 

# II Marcha pola prevención en Lugo



26/04/2017

Semana de la prevención

Entre os actos enmarcados na Semana da Prevención de Fraternidad-Muprespa, en Lugo o II Marcha pola Prevención en Lugo, a xornada comezou cunha charla da fisioterapeuta da Mutua Lucía Rodríguez-Lorasque sobre os beneficios de realizar unha actividade física, como camiñar e sobre todo nunha cidade como Lugo onde o entorno que rodea a cidade se presta de xeito especial para ela.

Unha vez que os asistentes comprenderon os aspectos positivos da actividade e cheos de ilusión, comezou un percorrido de 5,4 quilómetros polo paseo do río Miño ata a localidade de Conturiz, onde un autobús os recolleu para devolvelos ao punto de partida.

Os asistentes gozaron da magnífica contorna a pesar do mal tempo e chegaron ao destino con ganas de ampliar o percorrido.

Queremos agradecer dun xeito especial neste ano 2017, que en Fraternidad-Muprespa o teñamos declarado como ano de INTEGRACIÓN de persoas con discapacidade,Obra social das Fillas da Caridade “Centro Residencial Asistencial e Ocupacional San Vicente Paul” pola colaboración na xornada coa participación na andaina de cinco dos seus alumnos, que fixeron feliz a nosa andaina coa ilusión que mostraron ao longo do percorrido.

"Querer a alguén non significa facer algo por el, senón axudarlle a descubrir a beleza e a súa propia orixinalidade, a luz que agochan e o sentido da súa vida".



 

 ![II Marcha pola prevención en Lugo](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/20170427_171301.jpg?itok=zlD00qI2)

 ![II Marcha pola prevención en Lugo](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/20170427_175516.jpg?itok=a7FnNDTd)

 ![II Marcha pola prevención en Lugo](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/20170427_175539.jpg?itok=74gEYDeP)

 ![II Marcha pola prevención en Lugo](/sites/default/files/styles/400x400/public/2017-04/DSCN0165.JPG?itok=c5FnpOsF)