Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


FM FACILITA AOS SEUS ASOCIADOS A DESCARGA VÍA WEB DE DOCUMENTOS PARA TRÁMITES

Autor:  FM - Web
Data:  24/04/2006

FM FACILITA AOS SEUS ASOCIADOS A DESCARGA VÍA WEB DE DOCUMENTOS PARA TRÁMITES


FM FACILITA AOS SEUS ASOCIADOS A DESCARGA VÍA WEB DE DOCUMENTOS PARA TRÁMITES

Co obxectivo de facilitar ás nosas empresas asociadas así como aos nosos traballadores autónomos os trámites que debe realizar coa Mutua, FM propúxose poñer á súa disposición os documentos necesarios para levalos a cabo.

Iniciando este servizo polos documentos máis comúns, como son a Solicitude de Pagamento Directo ou o Volante de Solicitude de Asistencia, progresivamente irase ofrecendo un abano cada vez máis amplo de documentos que lle permitirán aforrar tempo nas súas xestións.

O proceso de descarga redúcese a 3 pasos moi sinxelos:

  • 1- Identificar na lista de documentos dispoñibles, clasificados por trámite, o documento necesario e pulsar sobre este para acceder á súa ficha de descarga.
  • 2- Dende a ficha de descarga aceptar as condicións de uso (pé de páxina) e pulsar sobre o botón de "Descarga".
  • 3- En breves segundos e de forma automática iniciarase a descarga do documento.

Unha vez que dispoña dos documentos necesarios, poderá imprimilos, cubrilos e achegalos na realización do trámite cando sexan necesarios.

Acceda dende aquí á listaxe de xestións dispoñibles.

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir