Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


PREMIO DIRIGENTES DE GALICIA NA CATEGORÍA DE ESTRATEXIA EMPRESARIAL E DE XESTIÓN

Autor:  Fraternidad-Muprespa - 
Data:  15/01/2007

PREMIO DIRIGENTES DE GALICIA NA CATEGORÍA DE ESTRATEXIA EMPRESARIAL E DE XESTIÓN

A revista económica DIRIGENTES outorga a Fraternidad Muprespa o Premio Dirigentes de Galicia na categoría de Estratexia Empresarial e de Xestión.

O acto de entrega celebrouse o día 12 de decembro no Parador Dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, presidido polo Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

En representación da nosa empresa recolleu o Premio o Director Territorial da Coruña e Asturias D. Miguel Ángel Serna Galan.

A relación de empresas premiadas é:
  • Banco Pastor, José M Arias, Dirixente do Ano;
  • Maderas Iglesias, Calidade;
  • Copasa, Empresa do Ano;
  • ITE Caixa Galicia, Xestión Empresarial;
  • Fraternidad Muprespa, Estratexia Empresarial e Xestión;
  • Fundación CEL, Iniciativa Empresarial;
  • Sotavento Galicia, Innovación;
  • Igape, Institucional;
  • Ferias y Exposiciones de Lugo, Servizo ao cliente;
  • Anfaco, Ambiente;
  • Autoridad Portuaria A Coruña, Proxecto do Ano;
  • (e) Hijos de Rivera, Traxectoria Empresarial;
Nas imaxes aparece Miguel Ángel Serna Galan, xunto ao Presidente da patronal galega (esquerda) e o Presidente-editor da revista, ademais do Xurado que outorga os premios.


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir