Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

ASESORAMENTO A EMPRESAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: OFERTA EDUCATIVA 2007

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Prevención AT e EP
Data:  19/02/2007

A Orde TAS/3623/2006 do 28 de novembro do 2006 pola que se regulan as actividades preventivas no ámbito da Seguridade Social e o financiamento da Fundación para a Prevención de riscos laborais establece que as mutuas poderán desenvolver actividades de prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais a favor das empresas asociadas e dos seus traballadores e tamén para os traballadores por conta propia adheridos a elas que teñan cubertas estas continxencias.

O marco das devanditas actuacións permitidas ás mutuas en materia de prevención de riscos laborais conta, entre outras, con actividades destinadas á divulgación, educación e sensibilización das empresas en prevención de AT e EP.

A oferta educativa 2007 publicada, forma parte das actividades de asesoramento en materia de Prevención de Riscos Laborais que Fraternidad Muprespa desenvolve para a prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais das empresas asociadas, na súa condición de colaboradora na xestión da Seguridade Social.

Esta programación do 2007 está dirixida a pequenas empresas e a empresas e sectores cos maiores indicadores de sinistralidade, aos seus traballadores dependentes e aos traballadores por conta propia adheridos que teñan cubertas as continxencias profesionais, co fin de promover unha cultura preventiva, que garanta no desenvolvemento do traballo un comportamento seguro, a correcta utilización de equipos de traballo e de protección colectiva e individual, así como fomentar o interese e cooperación na acción preventiva no seo da súa empresa para que, tanto os mandos como os traballadores, asuman que a prevención de riscos laborais é esencial para o logro dun traballo ben feito.

A realización por parte da empresa de calquera das accións que contén a Oferta Educativa non substitúe a formación que o empresario está obrigado a impartir aos seus traballadores en cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais (Art. 19.1).

Tipo de actividades ofertadas:

  • CHARLAS DE DIVULGACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS EN DIFERENTES SECTORES:Sector construción, Sector industria, Sector servizos e Sector agrario.


  • XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN PARA A PREVENCIÓN DE :
    • Risco de caída en altura.
    • Caída de obxectos por derrubamento.
    • Contactos con elementos móbiles das máquinas.
    • Golpes ou cortes por obxectos, ferramentas ou equipos.
    • Sobreesforzos.
    • Atrapamento ou esmagamento (xa sexa por obxectos ou por equipos de traballo).


  • XORNADAS SOBRE ANÁLISES DE SINISTRALIDADE NA EMPRESA


  • XORNADAS SOBRE XESTIÓN DA PREVENCIÓN

Introdución ao Plan de actividades educativas 2007
Detalle do programa de actividades
Buscador de actividades - Calendario
Solicitude de asistencia

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir