Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

ASESORAMENTO A EMPRESAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: OFERTA EDUCATIVA 2007

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. Prevención AT y EP
Data:  25/05/2007

ASESORAMENTO A EMPRESAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: OFERTA EDUCATIVA 2007

A Orde TAS/3623/2006 do 28 de novembro do 2006 pola que se regulan as actividades preventivas no ámbito da Seguridade Social e o financiamento da Fundación para a Prevención de riscos laborais establece que as mutuas poderán desenvolver actividades de prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais a favor das empresas asociadas e dos seus traballadores e tamén para os traballadores por conta propia adheridos a elas que teñan cubertas estas continxencias.

O marco destas actuacións permitidas ás mutuas en materia de prevención de riscos laborais, desenvolvido pola Resolución do 2 de abril, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se determinan as actividades preventivas a realizar polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social durante o ano 2007, conta, entre outras, con actividades destinadas á divulgación, educación e sensibilización das empresas en prevención de AT e EP.

A oferta educativa 2007 publicada, forma parte das actividades de asesoramento en materia de Prevención de Riscos Laborais que Fraternidad Muprespa desenvolve para a prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais das empresas asociadas, na súa condición de colaboradora na xestión da Seguridade Social.

Esta programación do 2007 está dirixida preferentemente a pequenas empresas e a empresas e sectores cos maiores indicadores de sinistralidade, aos seus traballadores dependentes e aos traballadores por conta propia adheridos que teñan cubertas as continxencias profesionais, a fin de promover unha cultura preventiva, que garanta no desenvolvemento do traballo un comportamento seguro, a correcta utilización de equipos de traballo e de protección colectiva e individual, así como fomentar o interese e cooperación na acción preventiva no seo da súa empresa para que, tanto os mandos como os traballadores, asuman que a prevención de riscos laborais é esencial para o logro dun traballo ben feito.

A realización por parte da empresa de calquera das accións que contén a Oferta Educativa non substitúe a formación que o empresario está obrigado a impartir aos seus traballadores en cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais (Art. 19.1).
Tipo de actividades ofertadas:


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir