Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


NOVA VERSIÓN PAT2003 - SETEMBRO 2007

Autor:  Fraternidad-Muprespa -  Dpto. Prestaciones
Data:  01/10/2007

NOVA VERSIÓN PAT2003 - SETEMBRO 2007

NOVA VERSIÓN PAT2003 – SETEMBRO 2007

Atópase dispoñible para a súa descarga dende a Web de Fraternidad Muprespa unha nova versión do aplicativo PAT2003, utilizado para traballar cos correos do servizo ePAT e a xeración de remesas para os sistemas Delt@ e AOC.

Fraternidad Muprespa pon á súa disposición de xeito totalmente gratuíto o aplicativo PAT2003 completo para a súa descarga. Para máis información sobre o aplicativo PAT2003 e o servizo ePAT prema aquí.

As melloras incluídas nesta nova versión son as seguintes:

  • Por mor das recentes fusións ocorridas entre entidades xestoras, actualizouse a listaxe de mutuas que manexa a aplicación PAT2003 para identificar a mutua á que pertence o PAT ou RSB. Con esta actualización, xa é posible xestionar PATs e RSBs de novas entidades, como as mutuas Midat Cyclops (código 001M) e Mutualia (código 002M).

  • Resolveuse a incidencia que provocaba erros na aplicación ao cubrir o código de ocupación do traballador/a.


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir