Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


RESOLUCIÓN 21/02/2008 - REXISTRO DOS CONTRATOS CONCERTADOS POR AUTÓNOMOS ECONOMICAMENTE DEPENDENTES

Autor:  Dep. Afiliación e Recadació - 
Data:  05/03/2008

RESOLUCIÓN 21/02/2008 - REXISTRO DOS CONTRATOS CONCERTADOS POR AUTÓNOMOS ECONOMICAMENTE DEPENDENTES

Resolución do 21 de febreiro de 2008, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para o rexistro dos contratos concertados polos traballadores autónomos economicamente dependentes (Prema aquí para descargar).

A Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo, no seu Capítulo III do Título II, regula o réxime profesional do traballador autónomo economicamente dependente e no seu artigo 12 o contrato a concertar entre o propio traballador e a persoa física ou xurídica que o contrata, denominada cliente, así como o rexistro que debe efectuarse dese contrato.

Por outra parte, e ata tanto se diten as disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento da Lei 20/2007, e se formalice unha «encomenda de xestión» ou se subscriben os correspondentes Convenios coas Comunidades Autónomas, o Servizo Público de Emprego Estatal efectuará provisionalmente o rexistro destes contratos.

Por iso, a fin de implantar este rexistro con carácter urxente, considérase oportuno dar directrices sobre o procedemento de rexistro indicado.

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir