Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


FONDOS DE ESCRITORIO E SALVAPANTALLAS GRATUÍTOS (PRIMAVERA)

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Área web e diseño
Data:  21/03/2009

FONDOS DE ESCRITORIO E SALVAPANTALLAS GRATUÍTOS (PRIMAVERA)

FONDOS DE ESCRITORIO E SALVAPANTALLAS GRATUÍTOS (PRIMAVERA)

Como terá percibido a través da nosa páxina Web, en Fraternidad Muprespa preocupámonos por intentar ser prácticos, gústanos especialmente o bo deseño e sobre todo somos amantes e defensores da natureza. Mesturando estas 3 ideas que a priori pouco teñen que ver unhas con outras, naceu un novo produto que poñemos á súa disposición.

Trátase duns vistosos e elegantes fondos de escritorio e salvapantallas baseados nos motivos naturais que estación a estación inundan a nosa páxina Web. Nestes incluímos un práctico calendario dos meses da estación en curso (neste caso primavera) que lle facilitan a visualización rápida do calendario actual cun sinxelo clic do rato.

A continuación pode descargarse os paquetes de calendarios e salvapantallas que máis se axusten ás súas necesidades:

 FONDOS DE ESCRITORIO de Fraternidad Muprespa (versión especial para a estación de primavera)  

Unha vez descargados e descomprimidos os arquivos no seu ordenador, poderá usalos como fondo de escritorio, tras premer co botón dereito do seu rato sobre calquera deles e seleccionar a opción "Establecer como fondo de escritorio".

1. Fondos de escritorio para monitores cunha resolución de 800x600 píxeles Descargar
2. Fondos de escritorio para monitores cunha resolución de 1024x768 píxeles Descargar
3. Fondos de escritorio para monitores cunha resolución de 1280x1024 píxeles Descargar


 SALVAPANTALLAS de Fraternidad Muprespa (versión especial para a estación de primavera)  

Unha vez descargado e descomprimido o arquivo no seu ordenador, poderá usalo como salvapantallas, simplemente ten que executar o instalable facendo "dobre clic" sobre el. Se desexa desinstalo pode executar de novo este mesmo instalable, ou ben quitalo a través da opción "Agregar e quitar programas" do Panel de control.

1. Salvapantallas reducido (15 imaxes) Descargar

!Esperamos que sexan do seu agrado e utilidade!


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir