Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS


VISITE O NOVO PORTAL DIVULGATIVO SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS DE FM

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. Prevención AT y EP
Data:  20/04/2009

<b>VISITE O NOVO PORTAL DIVULGATIVO SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS DE FM</b>

VISITE O NOVO PORTAL DIVULGATIVO SOBRE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS DE FM

Fraternidad Muprespa pon a disposición de todo o público un novo portal de carácter divulgativo "PREVIENE", coa intención de constituír un espazo destinado a informar o visitante sobre aspectos relativos á prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Dende este novo portal, Fraternidad Muprespa pretende presentar a prevención dende un prisma distinto ao habitual: máis amigable, máis próximo, máis práctico e sobre todo máis interesante.

Para isto, o novo portal, mediante unha orixinal e atractiva presentación, quere achegarse ao lector a través de calquera das súas 7 seccións:

  • DOCUMENTACIÓN. Sección na que se publica grande cantidade de información en materia preventiva a través manuais de boas prácticas, pósters, carteis e trípticos. Todo este material pode ser descargado libremente.

  • BOLETÍN INFOPREVENCIÓN. Sección constituída polo boletín publicado cada mes onde se reflicten novidades lexislativas, novas de interese, información sobre eventos, coméntanse sentenzas, etc. Dende a sección poderá acceder a todos os boletíns publicados e poderá tamén inscribirse para recibilo gratuitamente no seu correo electrónico.

  • REVISTA “LA MUTUA” Sección constituída por esta revista publicada periodicamente con artigos técnicos de grande interese no campo da saúde laboral e a prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Dende a sección poderá acceder a todos os números que foron publicados.

  • OFERTA EDUCATIVA. Sección dedicada á nosa oferta educativa, na que atopará toda a información sobre o tipo de xornadas existente, o detalle do programa, o calendario de actividades e a solicitude de inscrición.
    A oferta educativa forma parte das actividades que Fraternidad Muprespa desenvolve para a prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais das empresas asociadas, na súa condición de colaboradora na xestión da Seguridade Social.

  • VÍDEOS. Sección na que se poden ver vídeos que mostran de xeito ameno e divertido cales son os riscos aos que podemos expoñernos a consecuencia do traballo, e cales son as accións que se poden poñer en práctica para resolvelos.

  • GALERÍA VITUAL. Sección na que se expón virtualmente a exposición itinerante "ACCIDENTES Y PREVENCIÓN. CARTELES ESPAÑOLES DEL SIGLO XX" que Fraternidad Muprespa levou a distintos puntos da xeografía española e que, pola súa acollida, poñemos á súa disposición.

  • FORO. Sección destinada ao foro COMITIUM de Fraternidad Muprespa. Aquí poderá, dunha forma sinxela e intuitiva, dar resposta ás súas dúbidas ou cuestións relacionadas coa prevención, a través do diálogo cos nosos especialistas nas distintas materias e con outras persoas coas mesmas inquietudes que as súas.

Por último, en Fraternidad Muprespa estamos convencidos de que esta nova ferramenta divulgativa será do seu interese e confiamos en contar con vostede como lector habitual das nosas seccións.


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir