Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

FRATERNIDAD MUPRESPA E ASEPEYO ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA COMPARTIR RECURSOS ASISTENCIAIS

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  16/07/2009

Fraternidad Muprespa e Asepeyo subscribiron un concerto de colaboración que ten como obxectivo ofrecer unha mellor cobertura sanitaria aos traballadores das máis de 644.000 empresas asociadas a ambas as dúas mutuas.

Este convenio, aprobado o pasado 6 de xullo polo Ministerio de Traballo e Inmigración, permitirá priorizar a dispensa sanitaria cos medios propios dos que dispoñen as dúas entidades, optimizando a xestión de recursos públicos mediante a posta en común de medios e servizos.

Os traballadores afiliados ás dúas mutuas, máis de 3.800.000, poderán beneficiarse da prestación sanitaria que ofrecen as dúas entidades, baseándose fundamentalmente en razóns de proximidade. Este feito supoñerá achegar a actividade asistencial ao usuario final para lograr a súa plena recuperación, ofrecéndolle un servizo máis eficaz, así como reducir os custos sanitarios derivados da sinistralidade laboral.

A implantación deste convenio farase de forma paulatina, e repercutirá en toda a rede asistencial de ambas as dúas mutuas, que se estende a nivel nacional. As dúas entidades suman 276 instalacións, entre centros asistenciais, hospitais e centros de rehabilitación, e poñerán a disposición dos seus traballadores afiliados todos os seus medios asistenciais: a asistencia hospitalaria, ambulatoria e recuperadora para a prestación médica por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Este concerto segue a vontade do Ministerio de Traballo e Inmigración, quen solicita ás mutuas que prioricen a dispensa da asistencia sanitaria con medios propios ou a través de concertos con outras mutuas.


REDE DE CENTROS DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA

ACORDO DE COLABORACIÓN CON ASEPEYO

CONTACTE CONNOSCO

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir