Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

O GOBERNO CONCEDE A GRAN CRUZ DO MÉRITO CIVIL A CARLOS ESPINOSA DE LOS MONTEROS

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. Organización
Data:  17/11/2009
   

O Consello de Ministros aprobou o pasado 13 de novembro un Real decreto polo que concede a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil a Carlos Espinosa de los Monteros, actual presidente da Mutua Fraternidad Muprespa.

Espinosa de los Monteros, licenciado en Dereito e Dirección de Empresas por ICADE, exerceu entre 1982 e 1985 a presidencia executiva de Iberia e Aviaco. En 1988 incorporouse a Mercedes-Benz España, que nese momento comezaba un plan de crecemento tanto industrial coma comercial.

Durante o seu mandato á fronte da filial española do grupo Daimler, Mercedes-Benz España rexistrou unha profunda transformación ata alcanzar unha facturación anual superior a 5.000 millóns de euros, o que a sitúa entre as 30 primeiras empresas españolas.

Espinosa de los Monteros, tamén foi presidente da patronal dos fabricantes españois de automóbiles (Anfac) e da Organización Mundial de Construtores de Automóbiles, membro dos consellos de administración de varias empresas como Construcciones Aeronáuticas, Uralita, Aragonesas ou González Byass e nestes momentos é vicepresidente segundo e conselleiro de Inditex e conselleiro de Acciona.

Na actualidade, o presidente de Fraternidad Muprespa é tamén patrón das fundacións Rafael del Pino, Amancio Ortega, da Universidade de Comiñas e do Instituto de Empresa.

Fotografía: 
O Goberno Concede A Gran Cruz Do Mérito Civil A Carlos Espinosa De Los Monteros

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"


Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir