Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

INAUGURACIÓN EN ALBACETE DA SEGUNDA FASE DA EXPOSICIÓN ITINERANTE "TRABAJO Y SALUD. DESDE LA PROTECCIÓN A LA PREVENCIÓN"

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Dpto. Prevención AT e EP
Data:  15/10/2010

O pasado 8 de outubro Fraternidad-Muprespa, o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo e a Fundación Largo Caballero inauguraron a segunda fase da exposición "Trabajo y Salud, desde la Protección a la Prevención," cuxo obxectivo é o de ofrecer unha panorámica histórica das condicións laborais e o coidado da saúde dos traballadores.

O espazo onde se sitúa a exposició, é a Delegación da Xunta de Castela-A Mancha (antiga Fábrica de Fariñas) de Albacete. A Exposición estará aberta ao público ata o próximo 20 de novembro.

Á inauguración, asistiron a Conselleira de Emprego, Igualdade e Xuventude de Castela-A Mancha, María Luz Rodríguez, a Alcaldesa de Albacete Carmen Oliver, a directora do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, Concepción Pascual, o Presidente da Fundación Largo Caballero, Jesús Pérez e o Comisario da exposición Emilio Castejón. En representación de Fraternidad-Muprespa asistiron ao evento os Subdirectores Xerais, Manuel Gómez de Zamora e Pedro Oya, a Directora de Prevención de AT e EP, Mar Morales, o Director Territorial de Castela - A Mancha, Alberto Serna e a Delegada de Almansa, Amparo Cuenca.

A cidade de Albacete foi elixida como unha das sedes da exposición, entre outras razóns, pola ampla presenza de empresas asociadas a Fraternidad-Muprespa en Castela-A Mancha, alcanzando un total de 27.297 empresas e un colectivo protexido de 82.259 traballadores.


Trabajo y Salud - Desde la protección a la prevención - Albacete - Paseo de la Cuba 27 - Antiga Fábrica de Fariñas


Datos do evento:

Motivo:
INAUGURACIÓN EN ALBACETE DA SEGUNDA FASE DA EXPOSICIÓN
Data:
Venres, 8 de outubro de 2010.
Lugar:
Paseo de la Cuba, 27 (Antiga Fábrica de Fariñas). Albacete.

 Tríptico de presentación da exposición

Situación da exposición

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir