Imagen Noticias

AGORA PODE VISITAR DENDE CALQUERA LUGAR A EXPOSICIÓN: TRABAJO Y SALUD DESDE LA PREVENCIÓN A LA PROTECCIÓN

Expo. Trabajo y Salud
Autor
Fraternidad-Muprespa

Púxose en marcha a páxina web da Exposición "Trabajo y salud desde la protección a la prevención" www.expotrabajoysalud.es.

Con esta páxina pretendemos complementar a exposición itinerante que nestes momentos se encontra na cidade de Albacete na Antiga Fábrica de Fariñas e que seguirá a súa andaina por diferentes provincias.

Este proxecto foi posible grazas á inestimable colaboración dos organizadores da citada exposición, Fraternidad Muprespa, a Fundación Largo Caballero e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Nela podemos encontrar a seguinte información detallada:

  1. Os diferentes períodos nos que se divide a exposición e un resumo de cada un deles.
  2. Audiovisuais: cun conxunto deles que acompañan o desenvolvemento da exposición.
  3. Catálogo: composto dun volume de 470 páxinas e estruturado en dúas partes.
  4. Galería de carteis: nesta sección encontramos unha serie de carteis sempre relacionados coa prevención e os accidentes. 
  5. Actualidade: esta sección será alimentada polas noticias e eventos que teñan relación directa coa exposición.

A web, áxil, amena e didáctica, servirá de axuda a todos os interesados na prevención, saúde e traballo.

 


 Páxina web da Exposición "Trabajo y salud desde la protección a la prevención"

 Tríptico de presentación da exposición

Situación da exposición

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"