Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

FRATERNIDAD MUPRESPA IMPLANTOU UN SISTEMA DE XESTIÓN DE SEGURIDADE DA INFORMACIÓN (SGSI) DE ACORDO COA NORMA ISO UNE/IEC 27001:2007

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Centro de Sistemas da Información
Data:  14/01/2011
Certificado AENOR (ISO UNE/IEC 27001:2007)

Fraternidad Muprespa, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social n° 275 implantou un Sistema de Xestión de Seguridade da Información (SGSI) de acordo coa norma ISO UNE/IEC 27001:2007. O SGSI foi auditado por AENOR e concedeuse o correspondente certificado. O ámbito do SGSI é o conxunto de todas as aplicacións e servizos informáticos desenvolvidos polo Centro de Sistemas de Información, o cal inclúe, entre outras, as aplicacións de medicina asistencial e a historia clínica electrónica.

Este certificado adquire unha especial importancia nun ámbito no que se manexan datos persoais "especialmente protexidos" como son os datos sobre saúde dos traballadores atendidos nos centros asistenciais da Mutua.

O obxectivo que persegue Fraternidad Muprespa con este novo sistema de xestión, que complementa os xa obtidos de calidade (ISO 9001:2008) e xestión ambiental (ISO 14001:2004), ambos os dous certificados por AENOR, é ofrecer un conxunto de sistemas de información que ofrezan soporte ao servizo proporcionado a todos os seus mutualistas, garantindo a calidade, a seguridade e o cumprimento dos seus principios de Responsabilidade Social Corporativa.

Fraternidad Muprespa é a primeira Mutua que certifica todos os seus sistemas informáticos baixo este estándar ISO 27001, incluíndo os aplicativos de medicina asistencial.


 Certificación de calidade

 CERTIFICACIÓN AENOR ISO 27001

 CERTIFICACIÓN IQNET ISO 27001

"Su Mutua - Calidad y Servicio, 365 días al año"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir