Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

XORNADA EN SAN SEBASTIÁN SOBRE NOVOS RETOS DA MUTUA

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  11/04/2011

O pasado 7 de abril tivo lugar en San Sebastián unha xornada informativa destinada a grandes empresas e colaboradores de Fraternidad Muprespa.

A presentación desta correu pola conta do recentemente nomeado director provincial, José Antonio Ramos, que insistiu na satisfacción de traballar para a Mutua e o orgullo que esta debe ser para as empresas e os seus traballadores.

O primeiro relatorio foi de Julio Santos, director do Departamento de Relacións coa Rede, que falou das novas prestacións sociais con cargo ás Mutuas (risco por embarazo e lactación, protección por cesamento de actividade dos autónomos e a nova prestación por coidado de fillos con enfermidades graves).

Posteriormente, Esteban Mate, director do Departamento de Organización e Planificación, presentou o catálogo de servizos electrónicos dispoñibles a través do extranet para empresas e colaboradores e o Portal do paciente.

Para rematar, Mar Morales, directora de Prevención de AT e EP, explicou a campaña de bonus correspondente ao ano 2010. Comentou os prazos e requisitos necesarios para a solicitude deste e en que estado se encontran as solicitudes do ano pasado.

Deuse por finalizada a xornada tras un animado coloquio.


XORNADA EN SAN SEBASTIÁN SOBRE NOVOS RETOS DA MUTUA


LOCALIZACIÓN DO EVENTO

FACEBOOK

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir