Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

FRATERNIDAD MUPRESPA CELEBROU O SEU ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  28/04/2011
Día mundial da seguridade e a saúde no traballo

Como xa é tradicional na mutua, onte 27 de abril celebramos o Día 28 de abril en conmemoración das vítimas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. O acto tivo lugar na sede do Hospital Central de Fraternidad Muprespa, situado no Paseo de la Habana, cunha grande afluencia de empresas mutualistas e colaboradores.

O acontecemento foi presidido por Don Carlos Aranda, director xerente de Fraternidad Muprespa, quen falou da importancia da seguridade e a saúde no traballo para evitar os falecementos por accidente de traballo, e o papel destacable que temos as mutuas para tratar de evitalos.

Seguidamente deu a palabra a Dona María Teresa Quílez Félez, subdirectora xeral de Planificación e Análise Económica-Financeira da Seguridade Social, quen empezou explicando a necesaria evolución que sufriron nos últimos anos os tipos de cotización e a forma de aplicarse co obxecto de adaptarse á realidade da actividade económica e homoxeneizar a situación de empresas coa mesma actividade, facilitando así a realización de análises. A continuación, realizou unha magnífica presentación do sistema Bonus, achegando algúns datos previos sobre a análise da campaña do ano anterior. Entre estes destacou o volume de resolucións favorables, arredor de 6.600, sobre o total presentado, preto de 10.500. Rematou a súa exposición concluíndo que é necesario seguir simplificando o modelo de tarifas de cotización, o mantemento necesario dun sistema de información axeitado sobre os accidentes e a importante permanencia do sistema de incentivos ás empresas que contribúan eficazmente e de xeito contrastable á redución e prevención da sinistralidade laboral.

Posteriormente, Don Adrián González Martín, subdirector xeral para a coordinación en materia de Relacións Laborais, Prevención de Riscos Laborais e Medidas de Igualdade da Inspección de Traballo e Seguridade Social, expuxo brillantemente os plans de mobilidade en relación ao Bonus, pero sobre todo falou do traballo que está a realizar a Inspección de Traballo conxuntamente coa Dirección Xeral de Tráfico na prevención de accidentes de tráfico laborais a través de manuais de boas prácticas, entre outras accións, para intentar diminuír os accidentes de tráfico "en misión", os cales sorprendentemente aumentaron, respecto da diminución dos accidentes "in itinere " e os accidentes de tráfico en xeral.

Por último, Dona Concepción Martín de Bustamante, directora do Servizo de Prevención Mancomunado de Telefónica, expuxo admirablemente o caso da súa empresa e, en particular, do Servizo mancomunado de prevención que dirixe, o cal, a pesar da complexidade e heteroxeneidade das actividades ás que dá soporte, está a dar bos froitos grazas á implantación do seu Sistema de Xestión de Seguridade, Saúde e Benestar. Con data de hoxe, sinalaba, o Servizo de Prevención Mancomunado estaba a dedicar gran parte dos seus esforzos a conseguir a certificación OSHAS para todo o grupo Telefónica, como proceso de mellora continua que lles permitirá progresivamente diminuír e previr a sinistralidade.

Clausurou a xornada Don Carlos Aranda agradecendo aos asistentes a súa presenza na xornada e citándoos para o ano que vén.

Día mundial da seguridade e a saúde no traballo

Cartel do día mundial da seguridade e a saúde no traballo - Fraternidad Muprespa

Noticia do 28 de abril Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir