Mutua Fraternidad-Muprespa

NOTICIAS

TIVO LUGAR EN BARCELONA UNHA XORNADA DIVULGATIVA DE FRATERNIDAD MUPRESPA E SPFM

Autor:  Fraternidad-Muprespa - Departamento de Comunicación e Servizo a asociados
Data:  29/04/2011

No marco do noso compromiso por promover a prevención de riscos laborais, o pasado 27 de abril tivo lugar na aula de formación da Sociedad de Prevención de Fraternidad Muprespa de Barcelona unha xornada informativa conxunta sobre o RD 404/2010, que establece un sistema de redución nas cotizacións por continxencias profesionais (bonus), e sobre o RD 337/2010, que modifica o Regulamento dos Servizos de Prevención, así como sobre a Instrucció 1/2011 da Generalitat de Catalunya.

A xornada foi presentada e moderada por D. Jordi Batalla Canyelles, director provincial de Barcelona, e contou inicialmente coa participación de D.ª Anna Condeminas Riembau, técnica superior en Prevención de Riscos Laborais, quen explicou os requisitos necesarios para solicitar as bonificacións, ademais de resolver dúbidas e cuestións e incidir no uso da nosa extranet como ferramenta que facilita a tramitación do bonus. A continuación, D. Jaime Melia Avia, director territorial da Sociedad de Prevención de Fraternidad Muprespa, comentou os contidos máis significativos do RD 337/2010, os cambios que iso xera no marco de actuación dos servizos de prevención constituídos actualmente, e as vantaxes que ofrece SPFM fronte á competencia.

A xornada contou cunha ampla asistencia de colaboradores e empresas, que participaron activamente durante toda a sesión. A todos os asistentes se lles entregou documentación relativa ao Bonus 2011, á nosa extranet e aos servizos ofrecidos pola Sociedad de Prevención de Fraternidad Muprespa.

Ao peche da xornada, agradeceuse a asistencia e participación, ofrecendo a nosa colaboración e servizo aos asistentes e abrindo a oportunidade a novas sesións informativas.

XORNADA DE DIVULGACIÓN CAMPAÑA BONUS 2010 EN BARCELONA

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Utilizamos cookies para garantir o correcto funcionamento do noso portal web, mellorar a seguridade e obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios. Se continúa navegando ou pulsa o botón "ACEPTAR", consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis informació na nosa POLÍTICA DE COOKIES.

Desexa que o seu navegador recorde a decisión de declinar o uso de cookies?
Se decide que o sistema recorde a súa preferencia, a cookie que almacena esta información quedará no seu ordenador de forma permanente.

subir